"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da ciencia e da técnica que se ocupa das interferencias e das súas aplicacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á interferometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para producir interferencias. Entre os diversos tipos de interferómetros ópticos destaca o denominado interferómetro de Michelson, no que un raio de luz inicial se divide, mediante un espello semiarxentado, en dous raios que se superpoñen despois de percorrer camiños ópticos diferentes, en direccións perpendiculares. Utilizáronse en experimentos importantes, sobre todo para facer medidas de precisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicoproteína de orixe celular, capaz de inhibir a multiplicación de calquera virus nas células da especie da que provén (especificidade de especie). Ademais, os interferóns modulan as reaccións inmunitarias, inhiben a formación de anticorpos e moderan o crecemento das células tumorais, especialmente dos sarcomas. Distínguense dous grupos de efectos do interferón; os inhibidores, como a inhibición da multiplicación e o crecemento celulares, a da síntese de anticorpos e a da multiplicación vírica, todas elas de acción retardada, e os activadores, como a acción sinérxica con células citotóxicas e o aumento do poder fagocitario dos macrófagos, que son de cinética rápida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é transferible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior da atmosfera terrestre situada entre os 60 e os 800 km de altitude, en valores medios. Foi descuberta durante o s XX. Ten un alto contido en ións e nela prodúcense as auroras boreais e incéndianse os meteoritos. Reflite algunhas ondas de raios, permitindo a comunicación a grandes distancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Violante de Montferrato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao núcleo no que, con respecto a outro, se verifica que a diferenza entre o número de protóns e o de neutróns é a mesma.
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. Foi delegado diocesano de Medios de Comunicación Social da Curia Diocesana en Santiago de Compostela e delegado da radio vaticana en Galicia. Colaborador en La Noche e El Correo Gallego, foi director de El Eco Franciscano (1950-1959) e da revista Aquí, San Antonio. Ademais, exerceu como asistente provincial, vicerrector do Seminario franciscano, definidor provincial, superior dos conventos de Pontevedra e Ourense, e reitor de San Francisco el Grande de Madrid. Escribiu, entre outras obras, Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950), Así fue esta mujer (1953), El alma franciscana de Gabriela Mistral (1957), A nai galega (1971), Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (1976) e Sebastián Martínez-Risco (1978). Foi galardoado co Premio Nacional del Consejo Superior de Misiones (1945) e co trofeo Galeguidade (2002). Ademais, foi nomeado Hermano Mayor de la Archicofradía...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Missouri, EE UU (39.636 h [2000]). Fundada en 1826 adoptou o nome do presidente Thomas Jefferson.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico inglés. Coñecido como Stan Laurel, traballou para a Metro Goldwyn Mayer e, a partir de 1926, interpretou o personaxe do fraco na parella cómica Laurel & Hardy, que formaba con Oliver Norvell Hardy. Protagonizaron, entre outros, os filmes The Devil s Brother (1933), Way out West (1937) e Saps at Sea (1939), ademais de The Hollywood Revue (1929), The Bullfighters (1945) e Atolk (1950), tamén dirixidos por el.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e arquitecto estadounidense. Redactou a Declaración de Independencia (4.7.1776), foi gobernador de Virginia (1779-1781) e embaixador en Francia no período que precedeu á Revolución Francesa (1784-1789). De regreso a EE UU ocupouse da secretaría de Estado (1789-1794), cargo do que dimitiu polas súas diferencias cos partidarios do centralismo. Foi vicepresidente (1797) e converteuse no terceiro presidente (1800-1809), tras presentarse ás eleccións polo Democratic-Republican Party. Fundou a University of Virginia (1825) e a escola militar de West Point. Como arquitecto, deseñou o Capitolio do estado de Virginia, terminado en colaboración con B. Latrobe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico xeriatra. Foi presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella Española na Coruña, director da Revista Española de Geriatría y Gerontología e profesor de xeriatría nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. É autor de diversos traballos e libros sobre a súa especialidade e publicou Iniciación a la Geriatría (1981) e Salud Pública y envejecimiento (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escudeiro, probablemente de orixe galega. Desenvolveu a súa actividade en Portugal entre 1325 e 1350. Segundo a rúbrica da súa cantiga de escarnio tivo bens en Pavia, no distrito de Évora. Relacionouse con Johan de Gaia, Estevan da Guarda e o xograr Johan de León na corte do conde de Barcelos. Atribúenselle só dúas composicións recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor fragmentaria, que mantén os motivos tradicionais, e un escarnio político, que emprega o artificio das rimas macho-femia, un dos trazos característicos da escola galego-castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta húngaro. Iniciouse na década de 1940 con obras caracterizadas por unha reelaboración moi persoal da poesía folclórica. Na década de 1950 os seus poemas adquiriron tons meditativos e filosóficos, dos que cómpre destacar Tékozló ország (O país pródigo, 1954), A Nap és a Hold elrablása (O rapto do Sol e da Lúa, 1954), A virágok hatalma (O poder das flores, 1955), A halottak királya (O rei dos mortos, 1971) e Csikóellés (O nacemento dun poldro, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista británico. Profesor na Cambridge University (1951-1972). En 1931 introduciu o concepto de multiplicador do emprego, recollido máis tarde por J. M. Keynes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático frances. Licenciouse en ciencias pola universidade da Sorbonne en 1913. Contribuíu a crear e desenvolver moitas das ramas da matemática pura e aplicada. Foron transcendentes as súas achegas á mecánica de fluídos, análise, probabilidade, teoría das ecuacións funcionais e teoría xeneralizada da información, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Máximo expoñente do período da Ilustración en Hungría, foi encarcerado (1794-1801) pola súa relación cos xacobinos húngaros. O seu traballo de renovación foi esencial para o desenvolvemento das letras húngaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
(Donaueschingen 1945) Pintor alemán. Formouse con Peter Dreher, Horst Antes e Joseph Beuys. As súas obras inclúense no neoexpresionismo alemán. Destacan, entre outras, A pintura da terra queimada (1974), A batalla de Hernann (1978) e Sulamith (1983). Realizou tamén unha importante obra bibliográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Järgerspris, Sjaelland 1849 - Tisvilde, Sjaelland 1900) Químico danés. Investigou sobre o método de determinación do nitróxeno.