interferón

interferón
s m [BIOQ]

Glicoproteína de orixe celular, capaz de inhibir a multiplicación de calquera virus nas células da especie da que provén (especificidade de especie). Ademais, os interferóns modulan as reaccións inmunitarias, inhiben a formación de anticorpos e moderan o crecemento das células tumorais, especialmente dos sarcomas. Distínguense dous grupos de efectos do interferón; os inhibidores, como a inhibición da multiplicación e o crecemento celulares, a da síntese de anticorpos e a da multiplicación vírica,   todas elas de acción retardada, e os activadores, como a acción sinérxica con células citotóxicas e o aumento do poder fagocitario dos macrófagos, que son de cinética rápida.