interfixo

interfixo

(< inter- + fixo)

s m [LING]

Morfo baleiro, segundo a caracterización de Yakov Malkiel, que carece por tanto de significado e que se coloca entre o radical e os afixos derivativos (reiciño, manciña). Algúns autores distinguen, aínda, entre interfixos antesufixais (manciña) e interfixos interradicais, aqueles que se colocan entre os radicais dalgúns compostos (agridoce). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].