"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
-
Calidade de responsable.
-
Obriga moral de aceptar ou responder ás consecuencias dos actos ou feitos propios ou alleos.
-
-
Capacidade que ten todo suxeito activo de dereito de coñecer e de aceptar as consecuencias dun acto propio consciente e libre.
-
responsabilidade administrativa
Obriga que a Administración Pública ten de indemnizar a quen, por culpa dela, lle foron lesionados os seus dereitos e de demandar contas ás autoridades, funcionarios e outros axentes sobre o exercicio dos seus cargos.
-
responsabilidade contractual
Responsabilidade civil do debedor que non pode ou non quere cumprir a súa previa obriga e que queda a cumprila en virtude dun contrato.
-
responsabilidade extracontractual
Responsabilidade civil que xorde de todo dano, culposo ou non, con independencia de calquera contrato. Tamén se é responsable de actos doutras persoas (o pai, dos do seu fillo menor de idade), dos animais propios e dos danos que poidan causar a terceiros, e dos obxectos e dos danos que se poidan dar pola súa causa.
-
responsabilidade ministerial
Capacidade que, en réximes democráticos, teñen as cámaras lexislativas de esixir aos membros do poder executivo a responsabilidade dos seus actos. Fálase de confianza parlamentaria como da condición de que deben gozar os gobernos correspondentes para permaneceren no poder.
-
responsabilidade ministerial
Responsabilidade propia e exclusiva dun ministro ou membro do goberno, garantida como tal mediante a súa sinatura, con relación aos decretos e ás disposicións que esta acompaña, que exime de responsabilidade ao xefe de estado e aos outros membros do goberno. Os monarcas, ás veces, están exentos da responsabilidade perante o parlamento.
-
responsabilidade obxectiva
Responsabilidade civil orixinada polo dano non culposo ocasionado por un obxecto e que obriga ao seu propietario ou a quen goza do dominio a reparar o dano ou o prexuízo ocasionado, agás no suposto de culpa exclusiva da vítima ou do prexudicado.
-
...
-
-
-
-
Facer responsable ou atribuír a responsabilidade de algo a alguén.
-
Asumir a responsabilidade de algo ou alguén.
-
-
-
Calidade de retráctil.
-
Propiedade que teñen determinadas estruturas orgánicas de reducir parcialmente as súas dimensións en resposta a uns estímulos determinados.
-
-
-
Calidade de reversible.
-
Principio que establece que, nun proceso reversible, as reaccións directa e inversa seguen o mesmo mecanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de revogable.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. Centrou a súa obra na súa rexión de orixe e no material lingüístico que recolleu. Destacan Terras do Demo (1919), O Malhadinhas (1922), Andam faunos pelos bosques (1926), S. Banaboião, anacoreta e mártir (1937) e Quando os lobos uivam (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade de rir.
-
PERSOEIRO
Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Boxeador. Coñecido como Pantera Rodríguez, debutou como afeccionado en 1972 e proclamouse campión de España en 1974 e 1976. En 1977 converteuse en profesional e foi campión de España dos pesos pesados, título que defendeu en 11 ocasións. Retirouse en 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, foi director de Interviú e Diez Minutos. Escribiu La prensa del silencio (1975), Secuestro en el Mundial 82 (1982), Rojo, impar y pasa (1989), El retorno de los cuerpos (1990) e Flash mortal: los paparazzi, una profesión en el punto de mira (1997). Recibiu o Premio de Novela Camilo José Cela (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e biólogo. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago (1961), médico puericultor (1963) e doutor en Bioloxía coa tese La familia Cornide en el Archipiélago de Cabo Verde. Desde 1978, xefe do servizo de pediatría de POVISA e desde 1989 profesor de ciencias da saúde da facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi tamén profesor na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA da Universidade de Vigo (1992-1993). Os seus estudos de malacoloxía levárono a descubrir novas especies de moluscos. Colaborou na posta en marcha do Museo Galego do Mar de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
fucsina.
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. A súa obra é unha sátira mordaz de diversos aspectos do “american way of life”. Destacan Portnoy’s Complaint (1969), onde satiriza os costumes dos xudeus estadounidenses; The Professor of Desire (1976), The Ghost Writer (1979), The Anatomy Lesson (1983), The Prague Orgy (1985), Operation Skylock (1993) e American Pastoral (1997, Premio Pulitzer).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Sicilia (1062-1101), fillo de Tancrède de Hauteville. Acompañou a seu irmán na conquista de Calabria ante os musulmáns e ao termo desta repartíronse o poder. Conquistou Sicilia (1072) e recibiu o título de conde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Sicilia (1101-1127), duque de Apulia e Calabria (1127-1130) e primeiro rei de Sicilia (1130-1154), fillo de Roxelio I. Enfrontouse ao Papa Honorio II e aos baróns que querían a independencia. O Antipapa Anacleto proclamouno rei en 1130, o que provocou unha guerra contra os partidarios do Papa Inocencio II. En 1139 capturou o papa e foi recoñecido como rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, crítico e pensador ruso. Filósofo de corte vitalista, considérase un simbolista. Crítico do cristianismo, pero non da relixión, pensaba nunha relixión natural en que o sexo, fronte ao amor, á familia e á activade vital, era o centro. Escribiu Legenda o velikom inkvizitore F. M. Dostojevskogo (A lenda do grande inquisidor de F. M. Dostojevskij’, 1894), Tjomnyj lik (O rostro escuro, 1911), Opavšije list’ja (As follas caídas, 1913-1915) e Apokalipsis našego vremeni (A apocalipse do noso tempo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. En Hamburgo, relacionouse con poetas como Klopstock e aprendeu debuxo. Formouse con Abildgaard en Copenhaguen e en Dresden. Entendía a arte como unha interpretación mística da natureza. Cultivou o retrato, a ilustración e a paisaxe, da que destaca Repouso durante a fuxida de Exipto (1805-1806). Fixo tamén escritos teóricos, poemas e contos escritos en baixo alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Considerado o derradeiro escritor lírico da Roma imperial, é autor do poema en dísticos elexíacos De reditu suo, onde fai unha exaltación de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e escritor. Director de La Gaceta del Crimen (1889) e La Federación Ibérica (1904), foi autor de La emigración en Galicia y Asturias (1881) e La pena de muerte. Histórica, jurídica y filosoficamente considerada. Su abolición (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos ósos sacro e ilíaco.