Runge, Philipp Otto

Runge, Philipp Otto

Pintor alemán. En Hamburgo, relacionouse con poetas como Klopstock e aprendeu debuxo. Formouse con Abildgaard en Copenhaguen e en Dresden. Entendía a arte como unha interpretación mística da natureza. Cultivou o retrato, a ilustración e a paisaxe, da que destaca Repouso durante a fuxida de Exipto (1805-1806). Fixo tamén escritos teóricos, poemas e contos escritos en baixo alemán.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wolgast, Pomerania

  • Deceso

    Lugar : Hamburgo