"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Trobador de orixe descoñecida, segundo algúns investigadores, irmán de Martin Soarez. Desenvolveu a súa actividade artística na segunda metade do s XIII ou na primeira metade do s XIV. Consérvanse, da súa autoría, dúas cantigas de amigo “Madre, se meu amigo veesse” e “Filha, do voss’amigo m’é gran ben” (dialogada), recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Coñecido como Xohán Ledo, traballou como ilustrador na editorial Galaxia en obras como Á lús do candil: contos a carón do lume, de Ánxel Fole (1953), As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (1956), Maxina ou a filla espúrea, de M. Valladares (1970) e A outra banda do Iberr, de Xohana Torres (1965). Colaborou en Grial e Galicia Emigrante e, entre outras obras, en Pintura actual en Galicia (1951) e Maside: un pintor para unha terra (1979). Con A. Cunqueiro publicou Carlos Maside (1954) e foi autor de Index Indicente (1975). Traduciu ao galego Ricardo III (1998) e Xulio César (1998) de W. Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador de publicacións como Barbanza e A Motora, publicou Fuxida no solpor e 12 poemas (Premio do Certame Poético Domingo Antonio de Andrade, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e poeta. Emigrou á Arxentina (1873) e instalouse na cidade de Córdoba, onde, co seu primo Eduardo Taboada, fundou o Colegio Español. En 1876 gañou a praza de profesor na escola municipal desta cidade e dirixiuna de 1881 a 1893, ano no que foi destituído como consecuencia da nova lei de educación que impedía que os mestres non nacidos en Arxentina ocupasen o cargo de director. En 1882, ademais de dirixir a escola diúrna, foi escollido como director da escola nocturna de obreiros ata o ano 1891. De volta a Galicia, comezou a dar clases na escola de nenos cegos e pobres da cidade da Coruña. Publicou os libros de poesías Nocturnos (1886) e El árbol de Noé (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre. Colaborou en diversas publicacións literarias e pedagóxicas e especializouse en literatura infantil e xuvenil, tanto como crítico como autor. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio. Autor de obras didácticas, poesía e narrativa da súa produción destaca Celso E. Ferreiro para nenos (1988), A chave dos soños (1988), Fantasía en Re Maior (1991), Versos de agua (1991), Volando por las palabras (1992), Sempre quenta o sol (1994), Lueiro de papel (1995), Na fogueira dos versos (Premio Merlín 1996), Coplas (1998), En voz baixa (1998), Aloumiños (1998), Os nosos versos (1998), Caderno de fume (1999), Palabras envoltas en cancións (2000), O que ven os ollos dos nenos (2000), Aire sonoro (2001), Na agonía dos outonos en silencio (2002) e Trala liña do horizonte (2002). Recibiu o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Dedicouse á investigación arqueolóxica e histórica de Asturias e Galicia. Fundou o xornal La Comarca del Eo e colaborou en Las Riberas del Eo, Ribadeo, La semana luarquesa, El Porvenir Asturiano e Castropol. Da súa produción destaca Guía consultor de Lugo (1896), En tierra lucense. Pequeñas jornadas por el distrito de Castroverde. Cosas de historia (1918), Benemérito castropolense: El Doctor Don José Ramón F. Luanco y Riego (1926) e Un vistazo al subter-templo de Santa Eulalia de Bóveda sito en tierras de Mera de Lugo (1933). Foi membro da Real Academia Galega, da Academia da Historia e da Comisión de Monumentos de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Dirixiu a Unión Republicana (1897), El Combate (1899) e La Acción (1905), principais voceiros da prensa republicana. Formou parte da Confederación Regional de Agricultores Gallegos (CRAG) e interveu nas campañas antiforais e obreiristas do primeiro terzo do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Lorca 1150) Rei de Navarra (1134-1150), bisneto de García IV. De nome García Ramírez, foi recoñecido como rei trala morte de Afonso I de Aragón. Nun principio para preservar a súa independencia fronte a Aragón prestou vasalaxe ao rei castelán Afonso VII, a quen cedeu Zaragoza (1135). Enfrontado co monarca castelán por cuestións fronteirizas, tivo que facer fronte ao ataque conxunto de Afonso VII e Ramiro II, que se repartiran Navarra no Tratado de Carrión (1140). Tralas Treguas de San Esteban de Gormaz (1146), asinou a paz con ambos monarcas e participou xunto a Afonso VII na conquista de Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou nos anos setenta no grupo SISGA. Colabororou, entre outras publicacións, en Tintimán, Valium 10, Das capital e Animal+. O álbum Papagayo Spray (1993), publicado por Frente Comixario recolle varios dos seus traballos, entre outros, Orgullo e Prexuicio en Manhattan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Foi redactor do periódico La Esperanza ata 1870 e colaborou en El Eco Franciscano. Traduciu ao castelán os Himnos sacros, de Manzoni, e El anillo de Polícrates, de Schiller. Ademais da letra do Himno dos peregrinos ao Apóstolo Santiago, musicada por Santiago Tafall, escribiu Vicios de la locución de los naturales de Galicia (1884). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia, da Real Academia Galega e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de publicidade. Coñecido co pseudónimo de Pepe Garalva, é director da axencia Garalva, relacións públicas e presidente da Asociación Provincial de Axencias de Publicidade. Exerceu como correspondente deportivo de El Correo Gallego e foi director da revista Mirador Lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñadora e pintora. Coñecida como Nena Ventura, a súa obra foi seleccionada polo Instituto de Comercio Exterior para participar no pavillón español de Frankfurt 90.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Ideoloxicamente, moveuse entre posturas liberais progresistas, posicións radicais e o federalismo. Foi vicepresidente da Sociedad Cooperativa de Trabajadores El Ahorro de Vigo e en 1881 integrouse na coalición republicano-liberal, contraria aos conservadores. Exerceu como redactor en diversas publicacións da época e foi fundador do Heraldo Gallego. Colaborou con artigos políticos e literarios en La Oliva, El Miño, El Obrero, La Aurora de Galicia, La Nación Española, El Gallego, El Correo Español e El Eco de Galicia, e publicou Cuentos vigueses (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Abandonou a súa oposición á redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera e participou co grupo La Sota de Pontevedra en favor da mesma. Foi asesor xurídico da Deputación de Pontevedra ata o seu cesemento, motivado por participar no xuízo contra A. Bóveda. Foi un dos fundadores da Misión Biolóxica de Galicia e da Caixa de Aforros Provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das publicacións Grial e Encrucillada, publicou Miro (1987), O globo máxico (Premio Barco de Vapor 1987), O deus desaparecido (1991), O segredo do novicio (1992), O lagarto Paco (1993) e O crocodilo na habitación (1994). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora. Publicou Os milagres de Santiago (1988), Xosé faise amigo do vento (1990) e Xosé e o vento (2002). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Formou parte do grupo Voces Ceibes. Da súa discografía destaca Pola unión (1977) e Os nomes das cousas (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario da arte. Da súa produción destacan El escorpión (1969), Fedra (1975), Novela española actual (1967), Arte hoy, arte del futuro (1976) e Novela española de posguerra (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora galega. Da súa produción, enmarcada dentro da literatura para nenos, destaca Moncho e Dríar (1988), O sapo Crisapo (1990) e O espello (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Integrouse na Sociedad de Pintores ao redor de 1920 e foi militante da CNT. Delegado do seu sindicato ante a CRG na etapa republicana, rexeitou dende 1934 o control que o Partido Sindicalista chegou a exercer sobre a Federación Local de Sindicatos, defendendo a continuidade desta na central anarcosindicalista. Trala Guerra Civil exiliouse en Chile, onde asinou, en 1955, un manifesto a prol de superar a escisión que daquela sufría a CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO