"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Relativo ou pertencente ao carpogonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oocito das rodofíceas formado por unha única célula, cónica, prolongada nun longo pelo ou tricóxina que contacta sempre co medio (tricogamia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que se dedica ao estudo do froito. A súa aplicación nos estudios arqueolóxicos permite, xunto coas análises polínicas, o coñecemento dos paleoambientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplanospora producida polos carposporanxios dos rodófitos. Pode ser haploide ou diploide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esporanxio, existente no carposporófito dos rodófitos, produtor de carposporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula terminal das ramificacións do carposporófito. No seu interior fórmase unha carpospora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeración esporofítica dos rodófitos, de morfoloxía simple, en forma de árbore pequena. Prodúcese pola división do carpogonio fecundado e está formada esencialmente por cadeas de carposporanxios implantadas sobre filamentos estériles (filamentos do gonimoblasto). Case sempre é diploide e vive sobre o gametófito, moi a miúdo semiparasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tricomas situado na parte interna do tubo do cáliz dalgunhas lamiáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cunha alta densidade de carqueixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Copa esvelta que ten dúas asas dende os beizos ata a base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce típico catalán, crocante e seco, elaborado con fariña, ovos, azucre, améndoas ou outros froitos secos machucados e, normalmente, tamén con pel de limón e canela. En primeiro lugar, dáselle á pasta forma de barra aplanada; unha vez cocida, córtase e vólvese meter no forno para que cada porción se torre intensamente. Tamén se denomina bufat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e diplomático inglés. Participou no congreso da Paz de Versailles e foi asesor da Sociedade de Nacións. A partir de 1936 dedicouse ao ensino universitario e foi director do Times. Das súas obras cómpre destacar principalmente A History of Soviet Russia (A historia da Rusia soviética), publicada en diversos volumes a partir de 1950, agrupados en títulos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora canadense. Durante a súa estadía en París (1910-1911) coñeceu o fauvismo e interesouse pola arte indíxena do seu país. Cultivou fundamentalmente a paisaxe. Entre as súas obras destaca Blunden Arbour (1930?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e viaxeiro inglés. Cultivou a poesía, o teatro e, sobre todo, realizou libros de viaxes, entre os que destaca un publicado en 1811 e titulado Descriptive Travels in the Southern and Eastern Parts of Spain and the Balearic Isles in the Year 1809 (Descrición da viaxe polo sur e leste de España e as Illes Balears no ano 1809).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador británico. Fundador do centro de estudios hispánicos da Oxford University. É autor de España, 1808-1939 (1968), La Guerra Civil española (1971) e De la ditadura a la democracia (1979), en colaboración con Juan Pablo Fusi. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Decorou numerosos edificios e frescos antes de dedicarse á arte pitórica. Asinou o Manifesto Futurista de 1910 e, debido á súa amizade con Picasso e Apollinaire, achegouse ao movemento cubista entre 1911 e 1912. No 1916, en Ferrara, colaborou con De Chirico na creación da pintura metafísica, corrente na que participou ata 1918. Foi propulsor do movemento coñecido como Novecento. Dende 1926 realizou paisaxes mariñas. En 1933 asinou o Manifesto da pintura mural de Mario Sironi. Entre as súas obras destacan: Funerali dell’anarchico Galli (Funerais do anarquista Galli, 1910-1911), Manifestazione interventionniste (Manifestación intervencionista, 1914) e La musa metafisica (A musa metafísica, 1920). Publicou o libro autobiográfico La mia vita (A miña vida, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO