Carrá, Carlo

Carrá, Carlo

Pintor italiano. Decorou numerosos edificios e frescos antes de dedicarse á arte pitórica. Asinou o Manifesto Futurista de 1910 e, debido á súa amizade con Picasso e Apollinaire, achegouse ao movemento cubista entre 1911 e 1912. No 1916, en Ferrara, colaborou con De Chirico na creación da pintura metafísica, corrente na que participou ata 1918. Foi propulsor do movemento coñecido como Novecento. Dende 1926 realizou paisaxes mariñas. En 1933 asinou o Manifesto da pintura mural de Mario Sironi. Entre as súas obras destacan: Funerali dell’anarchico Galli (Funerais do anarquista Galli, 1910-1911), Manifestazione interventionniste (Manifestación intervencionista, 1914) e La musa metafisica (A musa metafísica, 1920). Publicou o libro autobiográfico La mia vita (A miña vida, 1943).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Quargnento, Piemonte

  • Deceso

    Lugar : Milán