"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Historiador e político francés. En 1812 obtivo a cátedra de Historia Moderna en La Sorbonne. Durante o reinado de Carlos X de Francia encabezou un sector de oposición parlamentaria e contribuíu á entronización de Luís Filipe I de Francia. Durante o seu reinado ocupou os ministerios de Interior e Instrución Pública, desde onde promoveu a lei (1833) que dispuña a creación de escolas primarias en todas as provincias francesas. Evolucionou cara a posicións conservadoras e dimitiu como presidente do consello ao desencadearse a Revolución de 1848. Foi autor de Histoire générale de la civilisation en France (1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santo Acisclo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro xesuíta, xeógrafo e etnólogo. Escribiu El Orinoco ilustrado y defendido (1741), compendio de coñecementos sobre a natureza e os habitantes daquelas terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globo de aire ou doutro gas que se forma no interior dun líquido ou fluído e que sae á superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse co seu pai, Salvador Gutiérrez de la Concha y Arce. Realizou estudios de pintura, idiomas e calcografía, ao tempo que estudiaba naútica na Coruña. Cultivou principalmente a acuarela, pero tamén o óleo, a témpera, o debuxo e o gravado. Centrouse en temas mariños caracterizados pola busca do xogo lumínico. Realizou exposicións individuais na Coruña, Madrid, Ribadeo, Lugo ou Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza (1929) e accedeu ao grao de oficial en 1933. Durante a Guerra Civil formou parte dos servicios de intelixencia dos sublevados e ascendeu a capitán (1938). Comandante dende 1944, ascendeu a tenente coronel en 1957 e a coronel en 1965, cando foi destinado ao Estado Maior Central do Exército. En 1970 ascendeu a xeneral de brigada e integrouse no CESEDEN (Centro Superior de Estudios de la Defensa). Xeneral de división (1973), foi destinado ao Alto Estado Maior como segundo xefe e en 1975 a Ceuta como comandante xeneral. En 1976 foi nomeado capitán xeneral da VII Rexión Militar. Vicepresidente primeiro para Asuntos da Defensa desde setembro de 1976, asumiu o ministerio de Defensa desde setembro de 1977. En 1979 deixou o ministerio e permaneceu na vicepresidencia primeira para Asuntos da Defensa. Durante o intento de golpe de estado de 23 de febreiro de 1981 destacou pola súa actitude decidida diante dos insurrectos. Membro do Consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Cadea montañosa do centro de Uruguay que constitúe o principal núcleo orográfico do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico musulmán. Predicador, estableceuse en Bagdad, onde tiña un gran número de seguidores. A ortodoxia sunnita acusouno de divulgar os segredos da mística e de prescindir da necesidade de intermediarios entre Deus e o home, polo que foi encarcerado, acusado de xiísmo en 907 e 909 e martirizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (5.454 km2; 275.004 h [estim 2000]). A capital é Halmstad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Formou con Max Abramovitz a firma Harrison e Abramovitz, que dirixiu a construción do edificio da ONU en Nova York (1947-1950), segundo os planos de Le Corbusier, e o Lincoln Center de Nova York, do que proxectou a nova Metropolitan Opera House (1966). En 1967 recibiu a Medalla de Ouro do American Institute of Architects.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron o 14 de outubro de 1066 as tropas do Rei Harold II de Wessex e as de Guillerme II de Normandie. Trala derrota de Harold II, Guillerme proclamouse rei de Inglaterra co nome de Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Geoffrey De Havilland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olivia De Havilland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alta presión de orixe dinámica situada ao NO do Oceáno Pacífico, sobre o arquipélago das Hawaii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Reino Unido, situado fronte as costas occidentais de Escocia. O estreito de Minch divídeas en dous subgrupos: as Outer (Lewis, Harris, North e South Uist, Benbecula, Barra e Stikilda) e as Inner (Skye, Mull, Jura e Islay). O total é dunhas 500 illas e illotes, moitos deles deshabitados. Morfoloxicamente, constitúen o complexo máis antigo de materiais cristalinos (gneis) de Reino Unido. A agricultura, con cultivos de cereais (orxo) e forraxe, a gandería e a pesca son a súa riqueza. Producen tamén unha boa parte do tecido escocés (tweed).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou na Falange Española (FE) en 1934 e participou nos preparativos do Alzamento de 1936, organizando a rebelión en Galicia. Nomeado xefe nacional da FE trala morte de J. A. Primo de Rivera, opúxose ao Decreto de Unificación cos tradicionalistas, asinado por Franco en abril de 1937. Foi detido e encarcerado (1937-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos pulmonados terrestres da familia dos helícidos. Son de pequeno tamaño e adoitan atoparse debaixo das pedras e entre as herbas, considéranse prexudiciais para os cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das helveláceas, que presentan un receptáculo rematado por un sombreiro en forma de mitra.

    VER O DETALLE DO TERMO