"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que presenta gránulos ou granulacións.
-
Que ten a forma dun gránulo.
-
Aplícase á microestrutura holocristalina na que os cristais son visibles ao ollo e ten medidas similares, xeralmente entre un milímetro e un centímetro. É característica das rochas plutónicas.
-
Fenómeno propio dos tubos electrónicos, que consiste na aparición de flutuacións da corrente de saída, que se debe á emisión discontinua do cátodo e ás flutuacións instantáneas na distribución dos electróns entre os electrodos. Tamén recibe o nome de efecto de granalla.
-
-
-
Reducir a gránulos.
-
-
Converter en gránulos as escouras que se obteñen nun forno para poder separar o metal que se atopa mesturado.
-
Converter un metal escuro en granalla.
-
Converter en gránulos unha substancia pulverulenta.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma aguda da tuberculose, que se caracteriza pola presenza de granulacións miliares, grises, no pulmón e noutros órganos. Tamén se denomina tuberculose miliar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten estrutura granular.
-
-
Granito con moscovita e cuarzo ou granito con dúas micas.
-
Rocha metamórfica catazonal, de alta presión e alta temperatura, de gran fino e color clara, con cuarzo e feldespato principalmente, hiperstena e granate.
-
-
-
Relativo ou pertencente á granulita.
-
Que posúe as características propias da granulita.
-
-
-
Gran pequeno ou partícula.
-
Celda da granulación da fotosfera solar.
-
-
Nome que se aplica a diversos corpúsculos celulares.
-
Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, de 0,3 a 2 μ de diámetro e de 0,15 a 1,5 0,1 μ de grosor, que se constitúe por unha morea de 5 a 20 sacos discoides aplanados, que se forman coma prolongación dos tilacoides, e a súa membrana está constituída por un mosaico de cuantosomas. Os gránulos ou grans conteñen a maior parte da clorofila dos cloroplastos. Nas follas chegan a existir de 40 a 60 por cloroplasto.
-
-
Pequena pílula dun diámetro entre 1 e 3 mm, que pesa ao redor de 5 a 6 cg e que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Emprégase moito en medicina homeopática.
-
Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.
-
Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula embrionaria que dá lugar a un granulocito.
-
-
Cada un dos leucocitos que conteñen gránulos e lisosomas no citoplasma e un núcleo irregular ou segmentado. Os granulocitos poden ser eosinófilos, basófilos ou neutrófilos, segundo os gránulos teñan afinidade, respectivamente, polos colorantes ácidos ou básicos ou por ningún. Tamén se denomina célula mieloide.
-
Célula provista de gránulos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción de granulocitos na medula ósea en cantidades normais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposición dos grans dentro dunha capa.
-
-
Lesión que se produce por reacción dos tecidos orgánicos diante da presencia dun axente potencialmente nocivo, coa finalidade de illalo e destruílo. Entre as enfermidades que poden producir granulomas están a tuberculose, a asperxilose, a histoplasmose, a lepra, a sífilis ou a sarcoidose.
-
Lesión cutánea de nódulos duros e vermellos dispostos en forma de anel.
-
Granuloma que se desenvolve na raíz dos dentes, que pode conter colonias de bacterias.
-
histiocitose.
-
Enfermidade que afecta á pel e aos ganglios linfáticos da área xenital e perianal, de transmisión sexual e de carácter crónico e ulceroso. O axente causante é a bacteria Calymmatobacterium granulomatis, que se denomina tamén Donovania granulomatis en recoñecemento ao médico irlandés Charles Donovan (1863-1951), que foi o primeiro en describir a enfermidade. É unha enfermidade que afecta sobre todo aos países tropicais.
-
-
-
Nome xenérico que se aplica ás enfermidades en que a lesión anatomopatolóxica fundamental é o granuloma, como é a granulomatose linfomatoide ou de Wegener.
-
Cadro que se caracteriza pola presenza de múltiples granulomas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao granuloma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proporción relativa dos diferentes elementos contidos nunha masa ou que entran na composición dun morteiro ou formigón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á granulometría.
-
-
Que presenta granulacións.
-
Que está formado por gránulos.
-
Que ten unha superficie áspera.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, autor e actor teatral. Como director foron especialmente interesantes as recreacións que fixo das traxedias gregas e as adaptacións de Shakespeare. Escribiu diversas obras seguindo a norma imposta pola vangarda francesa, como The marrying of Ann Leete (1909), The Madras house (1909) ou The secret life (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Propiedade rural dedicada á explotación agrícola e gandeira e onde se encontra a vivenda, as cortes e os pendellos.
-
granxa colectiva
Explotación agrícola creada nos réximes socialistas mediante a expropiación ou nacionalización da propiedade privada. Afecta ás grandes extensións de terreo.
-
granxa do pobo
Explotación agrícola cubana de carácter estatal que xurdiu seguindo o modelo das granxas estatais da URSS. Teñen carácter extensivo e a produción pode ser mixta ou só dedicarse á gandería.
-
granxa escola
Escola ou centro educativo no que a inserción, no contorno natural e agrícola, como motivo de estudo de investigación e aprendizaxe, cobra un destacado protagonismo dentro do conxunto das súas actividades formativas. Nela combínanse as clases teóricas e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos na aula. Neste tipo de centros foméntase a educación colectiva e comunitaria e as prácticas realízanse in situ nos campos que a rodean. En Galicia é dastacable a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria, 1948).
-
granxas monacais
Explotacións rurais dependentes dun mosteiro principal nas que residía unha pequena comunidade de monxes dedicada ás tarefas agrarias. En Galicia, sobre todo trala reforma do monacato do s XVI, os grandes mosteiros fixéronse con numerosas granxas que estaban rexidas por un prior ou por un encargado. A constitución deste tipo de establecementos non só permitiu cultivar terras ata aquel momento improdutivas, senón que potenciou a formación de pequenas vilas ou aldeas ao seu redor. Algunhas destas granxas chegaron a ter igrexa parroquial propia na que o párroco era designado polo mosteiro.
-
-
Establecemento en que se crían animais para a súa explotación comercial.
-
-
PUNTA
Punta da beira oriental da enseada de Boiro, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castro, no concello de Boiro.
VER O DETALLE DO TERMO