"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo integrado na FAI coruñesa desde 1935, que colaborou no xornal anarquista Brazo y Cerebro, en que deixou constancia das súas posturas contrarias ao estatuto galego e a prol dunha saída revolucionaria á crise económica e social da República. A súa representación na Federación local da FAI correu a cargo do peón coruñés José González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo xurdido na Coruña entre os anos 1922-1923 e integrado, entre outros, polos militantes cenetistas J. Arenas e R. García Lago, así como polo daquela estudiante, Emilio González López. Tiveron como voceiro o semanario anarquista de idéntica denominación, e o seu acto público máis relevante foi o multitudinario mitin celebrado na praza de touros coruñesa en setembro de 1923, poucos días antes da proclamación da Ditadura de Primo de Rivera, en protesta pola condena a morte do cabo Sánchez Barroso, implicado nunha tentativa de revolta contra o envío de tropas a Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa multimedia líder en España en prensa de información xeral, cunha difusión media de máis de 800.000 exemplares diarios e unha audiencia que supera os 3.000.000 de lectores. Obtivo en 2001 unha facturación agregada de máis de 600 millóns de euros e posúe un activo de 808,5 millóns de euros. É a primeira empresa en prensa escrita e suplementos semanais, e cunha significativa presenza noutros ámbitos da comunicación: televisión, radio, medios dixitais, novas tecnoloxías, distribución e produtoras de cine e televisión. A orixe do Grupo Correo está na fundación de El Pueblo Vasco en 1910, que logo se fusionou co periódico El Correo. Posteriormente, sumáronse El Diario Vasco (1948), El Diario Montañés (1984), La Verdad (1988), Hoy (1988), Ideal (1988), Sur (1990), La Rioja (1993), El Norte de Castilla (1994), El Comercio (1995) e La Voz de Avilés (1999). A eles, súmase a empresa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía dedicada a varias áreas de actividade económica: a construción, liderada pola Construtora San José; o sector inmobiliario, representado por empresas como Pontegran ou Udra-Argentina; o industrial, representado por Ciesa, Tecnocontrol ou Sefri Marroc; e comercial e de investimentos, en empresas como Bodegas Altanza ou o Colexio Miraflores de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo alemán. Representante do teatro barroco, nas súas obras presenta a vitoria do home sobre o caos universal. É autor de Leo Armenius (1646), Catharina von Georgien, Cardenio und Celinde (1657) e Peter Squentz (1663).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo que se abre entre o cabo de San Juan e o cabo Cruz, na costa SL de Cuba. Constituído por unha plataforma continental pouco profunda e moi extensa, posúe unha gran riqueza pesqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa volcánica do Océano Pacífico, no arquipélago das Salomón (6.470 km2; 60.692 h [1991]). Nela está a capital do estado, Honiara (43.643 h [1996]). Durante a Segunda Guerra Mundial foi escenario de durísimos combates entre os xaponeses e os estadounidenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao S de Sierra Morena, limítrofe cos Llanos de Llerena (3.095 h [1996]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (porcina e caprina). De orixes árabes, no s XVI foron descubertos varios xacementos de ouro e prata, que por causa dunha explotación ineficaz tiveron que ser abandonados no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Asunción (ss XIV-XVIII) e a de Santa Ana (s XVI), o convento do Espírito Santo (s XVII) e o hospital do Milagro (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guadalupe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guadalupe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, colector das augas da Mancha e de toda a gran vertente que limita ao N cos Montes de Toledo e ao S con Sierra Morena (744 km de lonxitude e 67.800 km2 de conca). Nace nas lagoas de Ruidera e ten a cabeceira no altiplano da Mancha. Desde Ciudad Real o fondo da vertente accidéntase fortemente polos relevos de Sierra Morena, que se orientan cara ao NO. O río estréitase desde Alcolea de Calatrava ata o pequeno encoro de Cíjara, e en Villanueva de la Serena entra en Las Vegas. Estréitase de novo na fronteira con Portugal e desemboca no Atlántico en Ayamonte. Ten un caudal de 73 m3/s na ponte de Las Palmas, en Badajoz, e en Ayamonte é de 110 m3/s. Os afluentes principais son, pola dereita, o Záncara e Cigüela, Bullaque, Gévora e outros menores; na beira esquerda, o Azuer e Jabalón, Zújar e Matachel, Ardila e Chanza. O caudal do Guadiana oscila moito dun lado a outro e, malia a súa escaseza, ten fortes enchentes e inundacións. Na Mancha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir pola esquerda (182 km). Nace nas serras Béticas da unión de diversos ríos, que drenan as hoyas de Guadix e Baza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do guanábano, de gran tamaño (entre 2 e 4 kg), forma alongada, pel de cor verde escura brillante e espiñas. A polpa é branca con textura carnosa moi aromática e de sabor ácido. Considérase unha froita moi exquisita e pódese consumir crúa ou en forma de bebida, xalea ou conserva. Cultívase fundamentalmente en América tropical, no SE asiático e nas illas Filipinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do SL de Brasil, onde están as cidades de Rio de Janeiro e de Niterói.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Costa Rica (10.141 km2; 279.264 h [estim 1998]). A capital é Liberia (19.500 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Lama guanicoe, Fam dos camélidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Bahamas, coñecida tamén como San Salvador. Os ingleses denomínana Watling. Foi a primeira illa descuberta por Cristovo Colón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do centro de México, fronteirizo con San Luis Potosí ao N, con Michoacán ao S, con Jalisco ao O e con Querétaro ao L (30.491 km2; 4.663.032 h [2000]). A capital é Guanajuato (41.196 h [2000]). Forma parte da rexión de Mesa de Anahuac. O clima é seco no N e temperado e húmido na chaira. Predomina a gandería (bovino e porcino) e o desenvolvemento agrícola e industrial da rexión estivo favorecido polos encoros de Tepuxtepec e de Solís. As minas de prata e ouro, importantes noutras épocas, están case esgotadas. Hai unha refinería de petróleo na cidade de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO