guanábana
guanábana
s
f
[BOT]
Froito do guanábano, de gran tamaño (entre 2 e 4 kg), forma alongada, pel de cor verde escura brillante e espiñas. A polpa é branca con textura carnosa moi aromática e de sabor ácido. Considérase unha froita moi exquisita e pódese consumir crúa ou en forma de bebida, xalea ou conserva. Cultívase fundamentalmente en América tropical, no SE asiático e nas illas Filipinas.