Guam
Guam
Illa do arquipélago das Marianas (Micronesia), no Pacífico occidental, a máis meridional e a máis poboada (541 km2; 133.152 h [1990]). A capital é Agaña. De orixe volcánica, está rodeada por unha barreira de coral. Descuberta por Magalhães (1521), foi española ata 1898 e logo pasou a pertencer a EE UU, que ten alí unha base aeronaval. Desde 1950 é un territorio non incorporado a EE UU, rexido por un gobernador.