"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de Cristóbal de Morales, foi mestre de capela das catedrais de Jaén e Sevilla. Escribiu música sacra, misas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, condestable de Francia (1370-1380), duque de Molina e conde de Longueville, de Borja (1366-?) e de Lemos (1369-1370). Armado cabaleiro (1357), loitou xunto ao delfín de Francia e venceu os navarros en Cocherel (1364). Nomeado camarlengo de Carlos V de Francia e capitán das Compañías Brancas, foi enviado a Castela para axudar a Enrique de Trastámara no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Trala vitoria de Montiel (1369) recibiu de Enrique II o título de conde de Lemos, que lle revendeu ao monarca antes de regresar a Francia (1370). Foi soterrado en Saint Denis con honores reais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e bispo de Mondoñedo (1538-1545). Membro da orde franciscana, foi predicador, cronista imperial, inquisidor de València e bispo de Guadix (1528-1536). Durante a súa estancia en Toledo litigou cos nobres galegos por cuestións de tipo xurisdicional. A súa influencia na corte decantou as resolucións da chancelería de Valladolid no seu favor. Reaxustou o sistema foral para obter máis beneficios e realizou visitas pastorais á súa diocese para observar os costumes católicos dos seus fieis. Predicador cunha bagaxe metodolóxica e erudita medieval, asimilou e divulgou postulados adscritos ás ideas do Renacemento. Das súas obras destacan Reloj de príncipes o libro aúreo del emperador Marco Aurelio (1529), Menosprecio de la corte y alabanza de la aldea (1539) e Epístolas familiares (1539).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romance cabaleiresco anglonormando do s XIII. Existe un resumo en latín conservado no final dun Leccionário de Ofício de Alcobaça en letra do s XV.
-
REXIÓNS
Rexión do NL de América do Sur que se estende desde o río Orinoco ata o Atlántico e que comprende a Guyana Francesa, Suriname, o sector SL de Venezuela e unha parte de Brasil. É un antigo macizo cristalino que sufriu unha peneplanación, composto por rochas metamórficas do Precámbrico e intrusións graníticas, que deu lugar a un relevo tabular moi característico (tepuyes). Cara á periferia do macizo predominan os relevos en cuesta, ata chegar ás chairas costeiras formadas por depósitos aluviais onde se concentra a poboación. A rede hidrográfica articúlase a través dos ríos Orinoco, e os seus afluentes pola dereita, e Branco, da conca do Amazonas. O clima é ecuatorial, cunha estación seca e outra chuviosa. A vexetación vai dende a selva ecuatorial ata a sabana arbórea e a herbácea. No interior hai xacementos de ferro, ouro e diamantes. Habitada por tribos caribes, arauacos e tupis, as costas da Güiana foron descubertas por Vicente Yáñez Pinzón en 1500. A lenda de Eldorado...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Güiana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Güiana.
-
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Lillian Gish, foi contratada en 1912 polo produtor e director David W. Griffith para traballar nas súas películas. Da súa extensa filmografía destacan The Burglar’s Dilemma (1912), The House of Darkness (1913), Judith of Bethulia (1914), The Birth of a Nation (1915), Intolerance (1916), The White Sister (1923), The Scarlet Letter (1926), Duel in the Sun (1946), The Night of the Hunter (1955), A Wedding (1978) e The Whales of August (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Xunto con N. Maquiavelo foi un dos máximos representantes da meditación política e historiográfica no Renacemento italiano. Das súas obras destacan Storie fiorentine (1509), Ricordi politici e civili (1528-1530) e Storia d’Italia (1537-1540).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que estivo situado en Guillade (Ponteareas). Está documentado desde 963 e posteriormente foi priorado do mosteiro cisterciense de Melón.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. De orixe románica, reconstruíuse posteriormente. Da primitiva fábrica conserva o rosetón da fachada principal, os canzorros e a porta S, formada por unha dobre arquivolta rodeada por unha banda con decoración axadrezada e un tímpano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre de orixe galega, conde de Tui. Tras derrotar os exércitos de Almanzor xunto ao río Esla (981), liderou as tropas cristiás que defenderon León do cerco musulmán (984-985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Toulouse e de Poitiers. Foi defensor dun antipapa pero, convencido por Bernaldo de Claraval, fíxose eremita e peregrinou a Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela, onde morreu (1138). A tradición teno identificado con don Gaiferos de Mormaltán. Na iconografía pode representarse imberbe ou barbado, vestido como cabaleiro ou como eremita, e leva como atributos un helmo, unha cota de malla, o manto negro dos guillermitas, escudo e lanza. A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paladín de Carlomagno. Antes de se retirar á vida monástica loitou contra os sarracenos no sur de Francia (793) e axudou os católicos en España cooperando co seu exército na reconquista de Barcelona (801). Foi canonizado polo Papa Alexandre II. O autor medieval Wolfram von Eschembach, no seu poema épico Parzival, converteuno en paradigma de cabaleiro cristián medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Toulouse (790-806), fillo de Teodorico, conde de Autun. Conde palatino na Corte de Carlomagno, substituíu a Corsó como conde de Toulouse e venceu os gascóns, pero foi derrotado en Orbieu polos sarracenos (793). Principal conselleiro do Rei Ludovico Pío e gobernante de Aquitania, participou na conquista de Barcelona (801). Ingresou no mosteiro de Aniana (804) e posteriormente fundou o mosteiro beneditino de Gelona (806), onde se retirou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania (915-918), marqués de Septimania (886-918) e conde de Toulouse (Guillerme II, 886-887), de Auvernia, de Bourges, de Limoges, de Perigord e de Roergue. Cedeu a vila de Cluny aos beneditinos para fundar a abadía dedicada aos santos Pedro e Paulo (910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme I de Inglaterra.