Guevara, Antonio de

Guevara, Antonio de

Escritor e bispo de Mondoñedo (1538-1545). Membro da orde franciscana, foi predicador, cronista imperial, inquisidor de València e bispo de Guadix (1528-1536). Durante a súa estancia en Toledo litigou cos nobres galegos por cuestións de tipo xurisdicional. A súa influencia na corte decantou as resolucións da chancelería de Valladolid no seu favor. Reaxustou o sistema foral para obter máis beneficios e realizou visitas pastorais á súa diocese para observar os costumes católicos dos seus fieis. Predicador cunha bagaxe metodolóxica e erudita medieval, asimilou e divulgou postulados adscritos ás ideas do Renacemento. Das súas obras destacan Reloj de príncipes o libro aúreo del emperador Marco Aurelio (1529), Menosprecio de la corte y alabanza de la aldea (1539) e Epístolas familiares (1539).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Asturias de Santillana

  • Deceso

    Lugar : Mondoñedo