"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Relativo ou pertencente a Muros ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Entrante costeiro situado na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, entre as puntas do Cabo e Carniceira, nas parroquias de Abelleira, Muros, Serres e Tal, todas elas no concello de Muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 3 morriña.

    2. Cousa de pouca entidade e importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no pazo de Baamonde, coñecido como a casa da Fundación, en Ribadavia. Concibido por Manuel Chamoso Lamas como Museo del Valle, iniciou o seu funcionamento en 1969 como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e en 1993 tomou a denominación actual. Membro do Consello Galego de Museos, a súa colección está constituída por coleccións etnográficas que proceden de diferentes comarcas ourensás e unha mostra de utensilios e apeiros relacionados co mundo vitivinícola. Conta cunha biblioteca, cun arquivo documental, sonoro e fotográfico, e un fondo documental sobre o teatro galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Pequena enseada da ría de Camariñas que está situada entre as puntas da Barca e O Corpiño, na parroquia e concello de Muxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ningunha cousa.

    2. En ningunha cantidade ou moi pouca cousa.

    3. A non existencia.

    4. Concepto límite con que se designa a negación absoluta, a ausencia do ser, a non existencia ou a destrución de todo ser. O problema do nada foi formulado xa na filosofía grega, que defendeu que malia que o nada non sexa propiamente cognoscible, pódese falar del con referencia só ao ser. A filosofía cristiá proporcionou unha acentuación na positividade do nada coa defensa de que Deus creou do nada, polo que se puido definir esta filosofía, como o punto de partida do nada. A importancia do problema do nada na tradición occidental é patente, por exemplo, nas distincións kantianas sobre o concepto do nada, na identificación que Hegel estableceu entre o nada e o puro ser, e tamén na acentuación que este filósofo fixo da forza positiva da negación na dialéctica, e na ascendencia que o nada atopou no existencialismo con Heidegger e Sartre.

    5. Persoa que practica a natación.

    6. Relativo ou pertencente aos nadadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ningunha cousa.

    2. En ningunha cantidade ou moi pouca cousa.

    3. A non existencia.

    4. Concepto límite con que se designa a negación absoluta, a ausencia do ser, a non existencia ou a destrución de todo ser. O problema do nada foi formulado xa na filosofía grega, que defendeu que malia que o nada non sexa propiamente cognoscible, pódese falar del con referencia só ao ser. A filosofía cristiá proporcionou unha acentuación na positividade do nada coa defensa de que Deus creou do nada, polo que se puido definir esta filosofía, como o punto de partida do nada. A importancia do problema do nada na tradición occidental é patente, por exemplo, nas distincións kantianas sobre o concepto do nada, na identificación que Hegel estableceu entre o nada e o puro ser, e tamén na acentuación que este filósofo fixo da forza positiva da negación na dialéctica, e na ascendencia que o nada atopou no existencialismo con Heidegger e Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que nada.

    2. Persoa que practica a natación.

      1. Relativo ou pertencente aos nadadores.

      2. Malacostráceo do grupo dos nadadores.

      3. Grupo de malacostráceos, da orde dos decápodos, que se desprazan nadando coa axuda dunha parte dos pleópodos, transformados en órganos natatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Solemnidade do ano litúrxico que a Igrexa celebra o 25 de decembro para conmemorar o nacemento de Xesús en Belén. O Nadal é unha festa occidental e apareceu por primeira vez en Roma, na primeira metade do s IV. O equivalente en Oriente é a solemnidade da Epifanía, máis antiga, e relacionada tamén coas festas do solsticio de inverno. O sentido profundo destas dúas festividades é o de celebrar a manifestación de Deus na humanidade de Xesús. Cando Occidente adoptou tamén a festa do 6 de xaneiro, transferiuse o aspecto da manifestación de Xesús aos Magos a través da estrela, e deixou para o 25 de decembro a conmemoración do nacemento de Xesús coa adoración dos pastores. A tradición romana máis antiga, conservada pola reforma do Concilio Vaticano II, comporta a celebración de tres misas de Nadal, unha pola media noite, outra pola aurora e a terceira polo día. A partir da Idade Media en todo o mundo occidental subliñáronse os aspectos máis sentimentais do nacemento de Xesús, e a festa do Nadal...

    2. Época en que se conmemora o nacemento de Xesús Cristo.

    3. Mes de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome latino Natalis, tomado de dies natalis ou natalis dies ‘día do nacemento’. Presenta as variantes Natalia e Nataxa. Entre os primeiros cristiáns, este día referíase ao do martirio ou morte dalgún santo, porque a morte terreal era o nacemento á vida eterna. A partir do s IV os cristiáns usaron este nome para festexar o nacemento de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 25 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Catedrático de Literatura Española en Manresa, foi redactor xefe da revista Destino (1940-1944) e un dos fundadores de Ediciones Destino. Publicou Ciudades de España (1944). Na súa memoria foi instituído en Barcelona o Premio Nadal de novela en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Especializouse en estudos históricos sobre poboación e industrialización. Escribiu, entre outras obras, El fracaso de la revolución industrial en España 1814-1913 (1975) e dirixiu Historia económica de España (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Comezou a xogar aos catro anos co seu tío Toni, que segue a ser o seu adestrador. Xogaba a dúas mans, pero o seu tío o pasou a zurdo. Tetracampión de Roland Garros (2005, 2006, 2007 e 2008), gañador do Torneo de Wimbledon (2008) e do Aberto de Australia (2009). Medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín (2008). Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, que gañou en tres ocasións (2004, 2008 e 2009). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 en terra batida, e é o tenista español co meirande número de títulos individuais, 36. No ano 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que convoca desde 1944 Ediciones Destino para lembrar a figura dun dos seus fundadores, Eugeni Nadal, e que pretende recoñecer a valía dunha obra escrita en lingua castelá. A primeira gañadora do premio foi Carmen Laforet con Nada (1944). Outros gañadores destacados foron Miguel Delibes (1947), Luis Romero (1951), Rafael Sánchez Ferlosio (1955), Ana María Matute (1959), Álvaro Cunqueiro (1968), Francisco Umbral (1975), Alfredo Conde (1991), Gustavo Martín Garzo (1999), Fernando Marías (2001) e Antonio Soler (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘esquecemento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos peixes que aparecen no escudo en posición de nadar.

    2. Herba que aboia na tona da auga.

    3. Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sosterse e avanzar unha persoa ou un animal na auga mediante movementos do corpo.

      2. Manterse flotando nun líquido.

    1. Estar mollado ou metido nunha gran cantidade de líquido.

    2. Ter alguén grande abundancia de algo. OBS: Emprégase coa preposición en.

    3. Estar moi folgado algo dentro dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gaspard-Félix Tournachon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá coas nádegas.

    2. Golpe que se recibe nas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO