"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir italiano. De familia pagá, converteuse ao cristianismo e predicou na Galia. Foi nomeado bispo de Pavia e morreu martirizado no 304 baixo Maximiano. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo neoplatónico. Foi o último director da Academia de Atenas. Estudiou en Alexandría e Atenas. Despois da prohibición de Xustiniano de ensinarlles filosofía aos pagáns (529) marchou a Persia. O seu pensamento orientouse cara ao misticismo e ao escepticismo. Escribiu unha Vida de Isidoro, Dúbidas e solucións sobre os primeiros principios e comentarios ó Parménides de Platón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condenación ás penas eternas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de damnificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación militar aliada contra Turquía que se desenvolveu en 1915 coa intención de comunicarse con Rusia e forzar o abandono de Turquía da Primeira Guerra Mundial. Os desembarcos de Gallípoli e o ataque a Selddülbahir foron neutralizados polos turcos, comandados por Mustafà Kemal e Liman von Sanders. Os aliados retiráronse o 20 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de formación dun éster α,β-epoxi por condensación dun aldehido ou dunha cetona cun éster α-haloxenado, dada a coñecer en 1904 polo químico francés G. A. Darzens (1867-1954). Tamén se coñece como reacción de condensación de ésteres glícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de datar.

      1. Estimación da idade dun material xeolóxico, dun fósil, dun xacemento arqueolóxico, etc. As técnicas de datación relativa establecen a antigüidade respecto a outros materiais cos que se establecen relacións de contemporaneidade, anterioridade ou posterioridade, segundo unha sucesión. As técnicas de datación absoluta dan un valor baseado nun proceso que varía periodicamente, como as aneis das árbores ou as curvas de sedimentación, ou baseado nun proceso que sucede de xeito constante como as datacións químicas ou radiactivas.

      2. datación por potasio-argón

        Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo potasio-40 en argón-40, que se fundamenta en que todo o argón-40 que está presente nunha rocha procede da desintegración do potasio-40 e que o proceso completo tardaría 1,27·10 10 anos. Para practicar esta técnica empréganse, fundamentalmente, as micas e o feldespato.

      3. datación por radiocarbono

        carbono 14.

      4. datación por rubidio-estroncio

        Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo rubidio-87 no isótopo estable estroncio-87, na que o proceso completo tardaría 4,7·10 10 anos.

      5. datación por termoluminiscencia

        Técnica de datación baseada na cuantificación dos fotóns de luz que emite un sólido, por exemplo unha cerámica ao sometela a un aumento de temperatura. A diferenza de emisión de luz do material depende de pequenas cargas eléctricas da estrutura cristalina que varían co paso do tempo.

      6. datación por uranio-chumbo

        Técnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo de uranio-238 a chumbo-206, na que o proceso completo tardaría 4,5·10 9 anos.

      7. datación química

        Técnica de datación baseada na composición química dun espécime do que se sabe que sofre lixeiros cambios químicos co paso do tempo, como a substitución dos fosfatos por ións de fluor nos ósos soterrados, ou pola presenza de isómeros dextróxiros nos aminoácidos que en vida do animal son levóxiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de dealbar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deambular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que un antropónimo chega a se converter en nome común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de debelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de debilitar ou debilitarse.

    2. Transformación dun son noutro por comodidade articulatoria, xa que o novo non supón un esforzo menor, como, por exemplo, a sonorización e a fricativización das oclusivas. A debilitación dunha consoante pode facer que desapareza. Sincronicamente, o galego presenta alternancia entre as realizacións oclusivas sonoras [b], [d] e [g], que se presentan despois dunha pausa e dunha consoante nasal, e as realizacións fricativas sonoras correspondentes [β], [ð] e [γ], que se recollen nos demais casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de decalvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de decantar ou decantarse.

    2. Selección, a partir da medida e do peso específico, efectuada sobre as partículas transportadas por unha corrente de auga ou de aire. Tamén existen procesos de decantación no seo dos magmas.

    3. Operación que consiste en separar pola gravidade dúas ou máis substancias inmiscibles entre elas, sempre que teñan distintas densidades e que, polo menos, unha sexa líquida. Para eliminar as materias sólidas que un líquido ten en suspensión, déixase que se acumulen no fondo e logo inclínase o recipiente, para deixar saír o líquido, ou aspírase. Para separar líquidos inmiscibles de diferente densidade hai que esperar a que se separen as dúas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de decapitar.

    2. Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.

    3. Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión negativa que se experimenta cando algo ou alguén non é ou non actúa como se esperaba.

    2. Persoa ou cousa que nos fai sentir esta impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de decepcionar ou decepcionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que decepciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar unha decepción a alguén.

    2. Sentir unha decepción por algo ou por alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.

    VER O DETALLE DO TERMO