decantación

decantación

(< lat decantatĭōne)

  1. s f

    Acción ou efecto de decantar ou decantarse.

  2. s f [XEOL]

    Selección, a partir da medida e do peso específico, efectuada sobre as partículas transportadas por unha corrente de auga ou de aire. Tamén existen procesos de decantación no seo dos magmas.

  3. s f [FÍS]

    Operación que consiste en separar pola gravidade dúas ou máis substancias inmiscibles entre elas, sempre que teñan distintas densidades e que, polo menos, unha sexa líquida. Para eliminar as materias sólidas que un líquido ten en suspensión, déixase que se acumulen no fondo e logo inclínase o recipiente, para deixar saír o líquido, ou aspírase. Para separar líquidos inmiscibles de diferente densidade hai que esperar a que se separen as dúas fases.

Palabras veciñas

1 decano | 2 decano -na | decanoico, ácido | decantación | decantador -ra | decantar | decapado -da