decantador -ra

decantador -ra

(< decantar)

adx e s m [FÍS]

Aparato ou instalación empregados para decantar un líquido e separalo da materia sólida que leva en suspensión. O funcionamento pode ser continuo ou intermitente. Poden ser mecánicos, cando dispoñen dun sistema lento de axitación, ou non mecánicos, cando lles falta ese dispositivo; nos dous casos, o líquido entra de xeito continuo dentro dun tanque, as partículas tenden a pousarse no fondo e o líquido claro sae polas beiras.

Palabras veciñas

2 decano -na | decanoico, ácido | decantación | decantador -ra | decantar | decapado -da | decapante