decantador -ra
decantador -ra
(< decantar)
adx e s
m
[FÍS]
Aparato ou instalación empregados para decantar un líquido e separalo da materia sólida que leva en suspensión. O funcionamento pode ser continuo ou intermitente. Poden ser mecánicos, cando dispoñen dun sistema lento de axitación, ou non mecánicos, cando lles falta ese dispositivo; nos dous casos, o líquido entra de xeito continuo dentro dun tanque, as partículas tenden a pousarse no fondo e o líquido claro sae polas beiras.