2 decano -na

2 decano -na

(

  1. adx e s

    Que ou quen é o membro máis antigo ou máis vello dun grupo ou colectividade.

  2. s

    Membro dunha corporación ou profesor dunha facultade universitaria, elixido ou designado para presidila.

    Ex: O novo decano da facultade ten un bo equipo que o axuda.

  3. s m [RELIX]

    Presbítero que ten ao seu cargo unha circunscrición diocesana equivalente ao arciprestado, por delegación do bispo. A partir do concordato de España coa Santa Sé de 1851, polo que se crearon novos arciprestados, o nome de decano reservouse para as antigas circunscricións diocesanas.

  4. s m [RELIX]

    Dignidade do cabido dunha catedral ou colexiata que comporta o dereito de presidencia.

  5. cardeal decano [RELIX]

    Cardeal máis antigo, por consagración episcopal, entre os cardeais-bispos, e titular da súa suburbicaria de Ostia.

Palabras veciñas

decanato | decandro -dra | 1 decano | 2 decano -na | decanoico, ácido | decantación | decantador -ra