"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Químico francés. Foi o primeiro que introduciu os traballos de laboratorio dentro do ensino. Os seus tratados conteñen unha gran cantidade de información sobre procedementos técnicos. Entre os seus traballos cómpre sinalar unha serie de investigacións, a miúdo coa colaboración de Boussingault, sobre a composición ponderal do aire, as fermentacións alcohólicas e lácticas, a descomposición do sangue e a interrelación entre os metabolismos vexetal e animal. Onde deixou unha pegada máis forte foi no apartado da química orgánica, cos seus traballos sobre a urea, o ácido benzoico e o método para a determinación da densidade de gases que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónoma francesa. Contribuíu á popularización da astronomía publicando libros de texto onde defendía a teoría de Copérnico. Tamén publicou obras nas que amosaba a igualdade da capacidade intelectual entre homes e mulleres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baía do NL de Irlanda, situada no mar de Irlanda, ao N de Dublín.
-
PERSOEIRO
Filántropo e escritor. Conmocionado pola visión dos feridos na Batalla de Solferino (1859), escribiu Un Souvenir de Solferino (Un recordo de Solferino, 1862), baseado nesta experiencia. Foi un activo promotor da Convención de Xenebra (1864), na que se fundou a Cruz Vermella; posteriormente, dedicou a súa vida a outras causas humanitarias. En 1901 compartiu, con F. Passy, o Premio Nobel da Paz. O 8 de maio, aniversario do seu nacemento, celébrase o Día Mundial da Cruz Vermella.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome romanés do río Danubio.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Realizou gravados sobre feitos acontecidos durante a Revolución Francesa. Destaca, entre outros, A execución de Luís XVI. Realizou tamén ilustracións para libros de viaxes por Italia, Grecia e Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Discípulo de E. L. Boullée, construíu diversos edificios, realizou decoracións para as festas da Revolución Francesa e fixo deseños de edificios públicos durante a Convención. Entre os numerosos textos teóricos que escribiu destaca Précis des leçons d’architecture données à l’École Polytechnique (Leccións de arquitectura dadas na École Polytecnique, 1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político haitiano, fillo de François Duvalier. Coñecido polo sobrenome de Baby Doc, sucedeu a seu pai na presidencia do país (21.4.1971). Durante o seu goberno iniciou unha política de tímidas aperturas, adoptou unha nova Constitución e convocou eleccións lexislativas en 1984, pero antes dos comicios encarcerou o líder opositor Sylvio Claude, de maneira que o partido oficial, o CONAJEC (Comité de Acción Jeanclaudista), obtivo a vitoria. Sobreviviu a diversos atentados e ao intento de derrocamento organizado por un grupo de exiliados dirixido por Bernard Sansarico (1982). As revoltas populares e a retirada do apoio norteamericano obrigárono a fuxir de Haití o 7 de febreiro de 1986 e só Francia aceptou concederlle asilo de xeito temporal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador e pintor francés. Coñecido como o Mestre do unicornio polos gravados realizados sobre este tema na década de 1540, refuxiouse en Dijon e Xenebra despois de defender o protestantismo. Entre as súas obras destacan o relicario da catedral de Langres, destruído durante a Revolución Francesa, e a serie de gravados da Apocalipse (1561).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deus asirio-babilónico da auga e das profundidades que parece corresponder á divindade sumeria Enki.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que indica énfase ou ánimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: European Astronauts Center.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Zeus e da ninfa Exina. Desexoso de ter un pobo sobre o que reinar, conseguiu que Zeus convertese en homes os milleiros de formigas que poboaban a illa de Enone; a este novo pobo deulle o nome de mirmidóns (μύρμηκες ‘formigas’). Casou coa filla de Escirón, Endeis, coa que tivo dous fillos, Telamón e Peleo. Logo uniuse á filla de Nereo, Psámate, e tivo a Foco, que destacaría como un grande atleta. Precisamente, foi esta virtude a que espertaría os celos dos seus irmáns, que acabarían por matalo. Como castigo, Éaco, que pasa por ser o máis piadoso de todos os gregos, desterrou os seus fillos da illa. Segundo algunha lenda, participou na construción da muralla de Troia xunto con Apolo e Posidón. Trala súa morte, foi nomeado xuíz do Hades e ocupábase de xulgar as almas dos mortos.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro estadounidense. Durante a Guerra de Secesión contruíu, por encargo do goberno da Unión, sete canoneiros de 600 toneladas, ao tempo que habilitaba 25 navíos para finalidades militares. Constructor dunha gran ponte de aceiro sobre o río Mississippi á altura de Saint Louis (1867-1874), abriu unha canle navegable ao S da desembocadura do Mississippi, que permitiu a transformación de New Orleans en porto de mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse en París con Gérôme (1886) e coñeceu a pintura de Velázquez e Ribera. De volta a Philadelphia (1870), estudiou anatomía. Foi profesor na Academy of Fine Arts de Pennsylvania (1879) e introduciu métodos naturalistas que foron combatidos polos puritanos. En 1887 retratou o seu amigo Walt Whitman, e cultivou tamén a escultura. Entre as súas obras destacan The Biglen Brothers (Os irmáns Biglen, 1873), The Groiss Clinic (A gran clínica, 1875) e The Agnew Clinic (A clínica Agnew, 1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, que constitúe un dos 32 distritos do Gran Londres (297.033 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte Nacional de Liberación creada en 1941 como unha organización de resistencia grega contra os italianos e os alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. De tendencia marxista, as súas organizacións armadas tomaron o nome de Exército Nacional Popular de Liberación (ELAS). Oposta á restauración monárquica, interveu na Guerra Civil (1945-1949).
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador estadounidense. No eido do deseño centrouse na creación de cadeiras e sillóns. Con Eero Saarinen realizou a cadeira de Eames, galardoada polo Museum of Modern Art de Nova York (1940). Dende 1941 traballou coa súa dona, Ray Kaiser Eames (Sacramento 15.12.1916 - Los Angeles 21.8.1988), e os seus deseños convertéronse nos prototipos dos anos cincuenta e sesenta. No ámbito da arquitectura, proxectou a súa vivenda en Santa Monica (1949), na que as ventás, as portas e as paredes eran elementos prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. A súa obra céntrase na experiencia dos galeses expatriados. Da súa produción destacan Y Staffel Ddirgel (A cámara secreta, 1969) e Rhandir mwyn (A doce rexión).
VER O DETALLE DO TERMO