Duvieusart, Jean

Duvieusart, Jean

Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Frasnes

  • Deceso

    Lugar : Gosselies, Hainaut

  • Deceso

    Lugar : Charleroi, Hainaut