"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Romaría que se celebra en Santa María Madanela de Ponte Ulla (Vedra). A capela que se conserva é do s XVIII e ten planta rectangular e pórtico de entrada con catro columnas. Relaciónase cos cultos das augas. A carón do muro N da igrexa brota unha fonte onde se levan os nenos para curar doenzas. A romaría celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en medicina interna e cardioloxía. Foi un dos membros fundadores da Sociedade Galega de Cardioloxía e da Fundación Hispana de Cardiología. É membro da Sociedad Española de Cardiología, da Academia Médico-Cirúrxica de Lugo e de The American Society of Hypertension. Foi presidente do Colexio de Médicos de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á glaciación de Günz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mo-vemento e organización política chinesa fundada por Sun Yatsen. As súas orixes estaban na Xing Zhonghui (Asociación para a restauración de China), creada polo mesmo Sun Yatsen en 1895 e que en 1905 se converteu na Zhonggao Tongmenhui (Alianza Chinesa), organización antidinástica, republicana e demócrata. Trala Revolución de 1911 transformouse nun partido nacionalista e burgués, e tomou o nome de Guomindang. Prohibido coa disolución do Parlamento (1913), converteuse, en Xapón, no Zhoughua Guomindang (Partido Revolucionario Chinés), e en 1919 Sun Yatsen volveulle dar o nome de Guomindang (Partido Nacional). A principios da década de 1920 aliouse co Partido Comunista de China, co que emprendeu a loita contra os señores feudais do N, pero trala morte de Sun Yatsen, o novo líder Chiang Kai-shek constituíu un goberno provisional en Nanquín aliado cos sectores conservadores e enfrontado ao PCCh, co que chegou novamente a un acordo trala invasión xaponesa. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor persa. Publicou Wis u-Ramin (1048), primeira epopea cabaleiresca en lingua persa, que constituíu a primeira unión entre o mundo antigo iraniano e o islámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou dereito, xornalismo e filosofía e letras. Exerceu como director do diario Pueblo e do Diario Montañés, e da revista Geografía Universal. No eido televisivo foi director dos telexornais de TVE-2, xefe do gabinete de prensa de TVE e xefe da secretaría xeral de informativos de TVE. Ademais, foi correspondente de TVE e RNE en Portugal. Escribiu Caerá Allende?, Evasión, La bomba (1982) e El ocaso del general. Obtivo o Premio Larra de Periodismo (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten bo sabor.

    2. Que está conforme con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. Construída en estilo románico na segunda metade do s XII, ten planta de nave única; da construción primitiva consérvase o primeiro tramo, de ábsida rectangular. No interior consérvase unha imaxe do Apóstolo Santiago sedente realizada en granito policromado a finais do s XII ou principios do s XIII. A fachada principal e a porta S son románicas. A portada principal está formada por un corpo saínte con dous contrafortes e tres arquivoltas que se apoian nunha tripla columna, e o tímpano é liso. Na porta S destaca o tímpano cun escudo de cinco flores de lis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Enxeñería, adheriuse ao Partido Socialista en 1974 e foi elixido deputado en 1976. Asumiu o cargo de secretario xeral do partido en 1992 e de primeiro ministro portugués tralas eleccións de 1995. No XXI Congreso foi nomeado presidente da Internacional Socialista (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Manuel Gutiérrez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Coñecida como María Blanchard, pertenceu á escola de París. Formouse en Madrid con F. Álvarez de Sotomayor, entre outros, e en 1909 trasladouse a París, onde estudiou con H. Anglada Camarasa e K. Van Dongen. En 1914 volveu a Madrid, onde realizou cadros expresionistas. En 1916 trasladouse de novo a París e relacionouse cos cubistas. Pintou escenas da vida popular, bodegóns, maternidades e nenos con expresión nostálxica como L’enfant à la glace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Pancho Cossío, iniciouse na pintura en Cantabria (1911) e Madrid (1914). Viviu en París (1923-1932), onde coñeceu a obra de G. Braque e realizou bodegóns poscubistas. Ao regresar a España deixou de pintar ata 1942. Dende entón a súa obra caracterizouse polo estudo da materia, dunha densidade pastosa, e polo debuxo esquemático. Entre outras obras destacan Amor (1926), Los guantes (1929) e Dos mesas (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou no exército como garda real (1820) e foi alférez (1825) e tenente (1832). Destacou na Primeira Guerra Carlista e chegou a mariscal de campo (1840). Contribuíu á caída de Espartero no verán de 1843 e durante o Bienio Progresista colaborou con O’Donnell e ascendeu a capitán xeneral de Catalunya (1845-1846 e 1848-1849). En 1847 dirixiu parte   do exército que se enviou a Portugal. Participou na Segunda Guerra Carlista e defendeu o afonsismo (1872). Durante a Terceira Guerra Carlista comandou un corpo do exército e liberou Bilbao en maio (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro (15.8.1877- 12.1.1938) Profesor. Licenciado en Ciencias Exactas, foi profesor da Institución Libre de Enseñanza (ILE), onde deu clases de aritmética, álxebra, xeometría, trigonometía e nocións de cálculo diferencial e integral, e xeometría analítica. Asistiu en Madrid (1916), xunto con Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío, á creación da Fundación Francisco Giner de los Ríos. Traduciu libros de autores estranxeiros, e publicou Aritmética de 1º, 2º y 3º grado (1916), Aritmética, grado 2º... en Libro Escolar, volumes 1º, 2º e 3º, e Enseñanza de la aritmética y del cálculo mental (1641). A súa irmá, Consuelo Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , foi profesora da ILE e directora das colonias de vacacións dos antigos alumnos da ILE, e o seu irmán, Xosé Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , mestre en Meis e Ponteareas, profesor da colonia de vacacións do Museo Pedagógico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Profesor na Escola de Capacitación Agraria de Ribadeo, foi alcalde desta localidade entre 1987-1995. Foi elixido deputado por Lugo no Parlamento de Galicia polo BNG na V e VI lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor asociado na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2003). Colaborou   na Enciclopedia Galega Universal na materia de literatura medieval, e en diversos proxectos de investigación como Arquivo Galicia Medieval do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1997-2000), O léxico do sufrimento nos trobadores do Ministerio de Ciencia y Tecnología (2001-2002), “Investigación Notas Literarias de Angelo Colocci” da Universidade de Santiago de Compostela (1996-1998) ou “Bases metodológicas para una Historia comparada de las literaturas en la Península Ibérica” da Universidade de Santiago de Compostela (2002-2005). Traduciu e realizou o estudo introdutorio de Lanzarote ou o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes (2000) e a edición crítica de Josifón (2003). Escribiu Merlín e a súa historia (1997), Merlín en Geoffrey de Monmouth y en los romans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Estudiou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou viñetas e creou personaxes gráficos en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Atlántico diario, El Progreso, La Región e La Opinión. Gañou o primeiro premio da Bienal da Caricatura de Ourense (1998) e o primeiro premio e dous accésits no Concurso Nacional de Humor Gráfico Joven & Brillante. A súa obra está no Museo do Humor de Fene e na Fundación da Universidad de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza (1929) e accedeu ao grao de oficial en 1933. Durante a Guerra Civil formou parte dos servicios de intelixencia dos sublevados e ascendeu a capitán (1938). Comandante dende 1944, ascendeu a tenente coronel en 1957 e a coronel en 1965, cando foi destinado ao Estado Maior Central do Exército. En 1970 ascendeu a xeneral de brigada e integrouse no CESEDEN (Centro Superior de Estudios de la Defensa). Xeneral de división (1973), foi destinado ao Alto Estado Maior como segundo xefe e en 1975 a Ceuta como comandante xeneral. En 1976 foi nomeado capitán xeneral da VII Rexión Militar. Vicepresidente primeiro para Asuntos da Defensa desde setembro de 1976, asumiu o ministerio de Defensa desde setembro de 1977. En 1979 deixou o ministerio e permaneceu na vicepresidencia primeira para Asuntos da Defensa. Durante o intento de golpe de estado de 23 de febreiro de 1981 destacou pola súa actitude decidida diante dos insurrectos. Membro do Consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Impulsou o modernismo no seu país coa Revista Azul (1894). A súa obra lírica recolleuse baixo o título de Poesías (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO