"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Navegante cartaxinés. Percorreu as costas occidentais de África, posiblemente ata Bioko e Camerún. Deixou unha narración da viaxe, coñecida como Periplo de Hannon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III a C) Xeneral cartaxinés. Líder do partido aristocrático de Cartago, loitou contra os mercenarios rebeldes (241 a C-238 a C). Enfrontouse aos barquidas, mantivo unha política de amizade con Roma e opúxose ás campañas de Aníbal. Interveu na negociación da paz cos romanos despois da Batalla de Zama (202 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land da Baixa Saxonia, Alemaña (514.718 h [2000]). Situada á beira do Leine, o seu desenvolvemento demográfico débese ao feito de ser un cruzamento de importantes vías de comunicación e á proximidade do Mittellandkanal, que enlaza o Weser, o Ems, o Rin e o mar do Norte. A industria está moi diversificada: automóbiles, produtos químicos, maquinaria para a construción, industria téxtil e produtos alimentarios; tamén destacan as funcións comerciais e administrativas. Fundada no s XII, foi unha das principais cidades da Hansa ata o s XIV. Residencia dos soberanos da Casa de Hannover (1636-1714 e 1837-1866), do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o barrio medieval na beira esquerda de Leine, Marktkirche (s XIV), Kreuzkirche (s XIV), Ballhof (s XVII), e Leibnizhaus (s XV) e reconstruída no s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Saxonia, en Alemaña setentrional. Formou parte do principado de Calenberg e do Ducado de Brunswick, e en 1692 converteuse en electorado do Sacro Imperio. Os seus dominios estendéronse a outros territorios do antigo Ducado de Brunswick, baixo Xurxo Ludovico de Hannover. Formou parte do Reino Unido entre 1714 e 1837, pero foi ocupado por Napoleón Bonaparte en 1803, quen llo cedeu a Prusia (1806). Invadido novamente polos franceses (1807), tralo Congreso de Viena (1814) recoñeceuse a súa independencia como reino. En 1866 integrouse en Prusia como unha das súas provincias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía xermánica que ocupou o trono de Inglaterra (1714-1901), o dos ducados de Brunswick (1884-1885 e 1913-1918) e Lüneburg (1705-1866 e 1913-1918) e o do electorado de Hannover (1692-1866). Ten a súa orixe no duque Ernesto Augusto de Brunswick-Calenberg (1629-1698), quen despois de casar coa princesa herdeira do trono inglés, Sofía do Palatinado (1658), recibiu os títulos de elector de Hannover e tesoureiro do Imperio. O seu fillo Xurxo Ludovico de Hannover (1660-1727) converteuse en 1714 no rei de Inglaterra (Xurxo I de Inglaterra) e iniciou a dinastía Hannover no trono inglés. En 1837 ao morrer sen descendencia Guillerme IV de Inglaterra (1765-1837), o patrimonio dos Hannover dividiuse, e mentres a sobriña do monarca, Victoria de Inglaterra, recibía o trono inglés, o seu irmán, o duque de Cumberland, converteuse en Ernesto Augusto I de Hannover (1771-1851). Tralo casamento da Raíña Victoria I de Inglaterra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza formada por Inglaterra, Francia, Prusia, Holanda e o Reino de Hannover en 1725, trala firma do tratado asinado no castelo de Hessengausen, e á que se uniron en 1727 Suecia e Dinamarca. Respondía á ameaza que os Acordos de Viena (1725) entre Austria e España representaban para o equilibrio europeo. Austria negociou por separado, feito que produciu o illamento de España e preparou a celebración dun congreso en Soissons.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Vietnam, no delta do Sông Nhi Ha (920 km2; 2.154.900 h [1993]). Porto fluvial e encrucillada de ferrocarís e estradas, é un núcleo industrial e centro comercial moi activo. Fundada polos chineses no s IX, foi sede de varias dinastías chinesas e en 1427 converteuse na capital de Tonquín. Factoría holandesa desde 1638, converteuse en 1887 na sede do goberno xeral da Indochina francesa. En 1945 erixiuse en capital da República Democrática de Vietnam polo que foi duramente bombardeada durante a Guerra de Vietnam. Do seu patrimonio cultural destacan o pagode do Único Piar e o mausoleo de Ho Chi Minh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (450 km2; 67.900 h [estim 1999]). A capital é Lucea (5.400 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación mercantil creada para combater os riscos do comercio a grande escala e para fomentar a protección mutua dos comerciantes. Destacaron a Hansa das dezasete cidades, integrada polos comerciantes de panos dos Países Baixos e do N de Francia que organizaba e protexía o comercio con Île-de-France e Champagne, que se fundou ao redor de 1230 e desapareceu durante a Guerra dos Cen Anos (1337-1453); e a Hansa de Londres, unión de guildas flamengas que monopolizaron desde o s XII ata o s XIV o comercio de la e panos con Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de mercaderes que monopolizou as relacións comerciais no N de Europa durante toda a Idade Media e parte da Idade Moderna. Ao longo dos ss XII e XIII, as guildas de comerciantes alemáns conseguiron consolidar o seu control sobre unha serie de cidades nas illas e ribeiras dos países bálticos e garantir así o seu monopolio comercial. En 1241 numerosas cidades xermánicas lideradas por Lübeck e Hamburgo asinaron un tratado polo que a primitiva asociación de mercaderes se transformou nunha confederación de setenta e seis cidades dotadas con privilexios marítimos e comerciais. O centro da alianza, establecido inicialmente en Visby, pasou a Lübeck, onde a partir de 1356 se celebraron as asembleas para elaborar os regulamentos xerais de comercio e navegación e as normas de carácter económico. Ademais, tamén se estableceron importantes factorías nas cidades de Bruxas, Nowgorod, Bergen e Londres. A federación aseguraba desta maneira a supremacía marítima e establecía un bloqueo económico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hansa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Divulgou a teoría keynesiana e fixo importantes achegas en relación coa reforma monetaria e a teoría dos ciclos comerciais. Escribiu Fiscal Policy and Business Cycles (1941) e A Guide to Keynes (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bacilo de Hansen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Coñecido como Emil Nolde, interesouse polo debuxo e a litografía tomando como modelos a H. Daumier e J. F. Millet (1896). Formou parte do grupo Die Brücke (1906). Fixo unha pintura próxima á de V. van Gogh e J. Ensor, con escenas relixiosas que produciron un grande escándalo pola súa vehemencia sensual, as cores estridentes e as formas expresionistas. Destaca a súa obra Das Leben Christi ( A vida de Xesús Cristo, 1911-1914). Publicou unha autobiografía en dous volumes: Das eigene Leben (1931) e Jahre der Kämpfe (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e prosista sueco. A súa obra non foi ben acollida en Suecia e exiliouse. É autor de Notturno (1885) e Sensitiva amorosa (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. É autor de panexíricos e do primeiro libro de viaxes persas, o mVtnawī O presente dos dous Iraqs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fiorde da costa sudoccidental de Noruega, no fylke de Hordaland. Ábrese cara ao interior nunha lonxitude de 180 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canuto III de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, sobriño de François Mansart. Seguidor do estilo de Louis Le Vau, nomeárono arquitecto real en 1675. Desde 1678 ocupouse da ampliación de Versailles, onde fixo a Galería dos Espellos, a capela, a Orangerie e o Grand Trianon. Construíu o castelo de Marly (1679-86), e traballou nos de Dempierre e Maintenon, e no convento de Saint-Cyr (1686). En París fixo a praza das Vitoires (1686), a praza Vendôme (1699) e a cúpula de Saint-Louis-des-Invalides (1677-1706).

    VER O DETALLE DO TERMO