Hansen, Emil
Hansen, Emil
Pintor alemán. Coñecido como Emil Nolde, interesouse polo debuxo e a litografía tomando como modelos a H. Daumier e J. F. Millet (1896). Formou parte do grupo Die Brücke (1906). Fixo unha pintura próxima á de V. van Gogh e J. Ensor, con escenas relixiosas que produciron un grande escándalo pola súa vehemencia sensual, as cores estridentes e as formas expresionistas. Destaca a súa obra Das Leben Christi ( A vida de Xesús Cristo, 1911-1914). Publicou unha autobiografía en dous volumes: Das eigene Leben (1931) e Jahre der Kämpfe (1934).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nolde, Slesvig -
Deceso
Lugar : Holstein -
Deceso
Lugar : Holstein