"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor e tradutor. Licenciouse en Filoloxía Francesa. Escribiu Lerias e enredos para os máis pequenos (1983) e Contos galegos (1983); e traduciu O poema do país que ten fame (1978), de Paol Keineg, Ubu Rei (1989), de Alfred Jarry, Gargantúa e Pantagruel (1991), de F. Rabelais, O rei Kabul (1999), de Max Jacob, e A cantante calva (2002), de Eugène Ionesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi senador por Lugo na lexislatura Constituínte pola UCD e deputado no Congreso, pola Comunidad Autónoma de Madrid, na IV lexislatura, polo CDS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Jean Harlow, foi un dos máximos expoñentes do star-system da década de 1930, actuou nos filmes Hell’s angels (1930), Platinum blonde (1931) ou Saratoga (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Harlean Carpenter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento seco do L ou do NL que sopra durante a estación seca no Sáhara e en toda a África Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo estadounidense. Partidario da teoría neuronal de Cajal e de His, en 1907 logrou obter un cultivo de células nerviosas e demostrou experimentalmente que os axóns medran a partir das neuronas. Foi tamén un dos pioneiros no transplante de tecidos e de órganos nos seus experimentos con embrións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Formou con Max Abramovitz a firma Harrison e Abramovitz, que dirixiu a construción do edificio da ONU en Nova York (1947-1950), segundo os planos de Le Corbusier, e o Lincoln Center de Nova York, do que proxectou a nova Metropolitan Opera House (1966). En 1967 recibiu a Medalla de Ouro do American Institute of Architects.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi profesor nas universidades de California e Berkeley. Recibiu o Premio Nobel de Economía (1994), compartido con J. Nash e R. Selten, pola súa análise do equilibrio na teoría dos xogos non cooperativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Vivien Leigh, estudiou arte dramática na Comédie Française de París e na Royal Academy of Dramatic Art de Londres. En 1934 debutou como actriz teatral e tamén con pequenos papeis secundarios no cine. Destacan os seus filmes Gone with the Wind (1939,   Oscar á mellor actriz 1940), That Hamilton Woman (1941), Anna Karenina (1948), A Streetcar Named Desire (1951, Oscar á mellor actriz 1952) e Ship of Fools (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou medicina na Universidade de Johns Hopkins, onde se doutorou no 1927. Traballou nas universidades de Leipzig, Múnic, Johns Hopkins e Rockefeller de Nova York. Investigou a neurofisioloxía da visión e a fisioloxía da fotorrecepción. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1967), xunto con G. Wald e R. A. Granit, polos seus descubrimentos sobre a fisioloxía e a bioquímica da visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Tentou sintetizar o pensamento de F. W. J. von Schelling, G. W. F. Hegel e A. Schopenhauer a través da filosofía do inconsciente. Seguidor do monismo, afirmou a existencia dun principio do que todo procede e todo o explica. O inconsciente é vontade e idea, e dá conta da existencia do mundo e da súa natureza ordenadora. Das súas obras destacan Philosophie des Unbewussten (A filosofía do inconsciente, 1869) e Die Religion des Geistes (A relixión do espírito, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Marburg, Berlín e Göttingen, interesouse pola fenomenoloxía de E. Husserl e desenvolveu unha ontoloxía na que renunciaba expresamente a abordar o problema do absoluto. Ademais desenvolveu unha serie de ontoloxías rexionais que exploraban as categorías do espírito humano e da natureza. Das súas obras destacan Ethik (Ética, 1926), Neue Wege der Ontologie (Novos camiños da ontoloxía, 1942) e Philosophie der Natur (Filosofía da natureza, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico estadounidense. Licenciouse en Ciencias no Instituto de Tecnoloxía de California e doutorouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Traballou no Salk Institute for Biological Studies, foi profesor de xenética na Universidade de Washington e presidente e director do Centro de Investigacións Oncolóxicas Fred Hutchinson de Seattle. O seu traballo investigador baseouse fundamentalmente no estudo da célula, e concretamente, da división celular, feito que lle permitiu identificar moitos xenes que interveñen neste proceso. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (2001), xunto con Paul M. Nurse e Timothy Hunt, polas súas investigacións sobre o ciclo celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India (44.212 km2; 21.082.989 h [estim 2001]). A súa capital é Chandīgarh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Marrocos (1961-1999). Desterrado xunto co seu pai, Mu ḥ ammad V (1953), trala independencia de Marrocos (1956) proclamárono príncipe herdeiro e xefe das forzas armadas. Coroado rei á morte do seu pai, en 1965 disolveu o Parlamento e asumiu todos os poderes. Tentou silenciar a oposición interna cunha política exterior de expansión territorial (anexión do Sáhara Occidental a partir de 1976, intentos de satelizar Mauritania e reivindicación de Ceuta e Melilla). En política interior exerceu un poder absoluto, especialmente desde a reforma constitucional de 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Cultivou o estilo operístico italiano, a miúdo con textos de Metastasio, e estreou óperas por toda Europa, como La clemenza di Tito (1735) e Demofoonte (1748). Tamén escribiu música relixiosa e instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. A súa produción comprende Canzonette a 4 voces, Cantione sacrae (1590), Madrigali (1596), Simphoniae sacrae (1598), misas de 4 a 8 voces e a obra Venusgarten (1615) de 4 a 6 voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Vietnam que en 1991 se dividiu nas provincias de Can Tho e Soc Trang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Foi o mellor representante do naturalismo alemán, que tentou superalo co seu estilo moi persoal. A maioría das súas obras son dramas sociais nos que o protagonista é o pobo. Da súa extensa produción destacan Vor Sonnenaufgang (1889), Die Weber (1892), Der Biberpelz (1893), Die versunkene Glocke (1896) e Der arme Heinrich (1902). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Licenciouse na Universidade de Columbia e doutorouse na de Maryland. Foi director de investigación da Fundación Médica de Buffalo e profesor na Universidade do estado de New York. Destacou na elaboración dun modelo matemático, o chamado método directo, para descubrir a estrutura tridimensional das substancias cristalinas a partir dos resultados da cristalografía de raios X. Pola utilidade deste descubrimento recibiu o Premio Nobel de Química (1985), xunto con J. Karle.

    VER O DETALLE DO TERMO