Hartwell, Leland H.

Hartwell, Leland H.

Científico estadounidense. Licenciouse en Ciencias no Instituto de Tecnoloxía de California e doutorouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Traballou no Salk Institute for Biological Studies, foi profesor de xenética na Universidade de Washington e presidente e director do Centro de Investigacións Oncolóxicas Fred Hutchinson de Seattle. O seu traballo investigador baseouse fundamentalmente no estudo da célula, e concretamente, da división celular, feito que lle permitiu identificar moitos xenes que interveñen neste proceso. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (2001), xunto con Paul M. Nurse e Timothy Hunt, polas súas investigacións sobre o ciclo celular.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Los Angeles