"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Sacerdote e apicultor. Coñecido como   cura das abellas, dedicouse a espallar por Galicia os seus coñecementos sobre apicultura, da que impartiu clases no Seminario Conciliar de Lugo, orixe dunha cátedra creada pola Deputación Provincial. Publicou o libro Cursillo práctico de apicultura (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos promotores da revolución de 1848, ministro do Interior do goberno provisional e membro da comisión executiva. Oposto a Luís Napoleón, exiliouse en Londres (1849), onde constituíu o Comité Democrático Europeo xunto con G. Mazzini e L. Kossuth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta ruso. Foi o primeiro home que saíu fóra do vehículo estando en órbita terrestre, feito que tivo lugar o 18 de marzo de 1965, durante o vo de Voskad-2, e que durou uns 20 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Reflectiu sobre todo a vida militar e a da alta burguesía do seu país cunha técnica moi coidada. Destacan os contos Der Herr von Paris (O cabaleiro de París, 1936) e Der Baron Bagge (O barón Bagge, 1936), e a novela Mars im Widder (Marte en Aries, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, primeiro conde de Leven. Serviu no exército sueco onde acadou o grao de mariscal (1636). Volveu a Escocia en 1638 e interveu na guerra entre parlamentarios ingleses e partidarios do covenant escocés (1642-1646). Vencido Carlos I de Inglaterra, defendeu a monarquía, ata que as súas tropas foron vencidas por Cromwell (1649-1650).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista italiano. Realizou as miniaturas do convento de Monteoliveto Maggiore (1467-1469) e da catedral de Siena (1470-1474), así como a decoración da capela Bonaversi en Sant’Anastasia, Verona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (308-324). Proclamado polo seu amigo Galerio (308), compartiu con el o goberno de Oriente. Despois da morte daquel derrotou a Maximino Daia (312) preto de Adrianópole, en alianza con Constantino. Desamigado con este foi derrotado en Cibalae (314) e en Adrianópole (324).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma constituída a comezos de 1968 por nacionalistas, grupos antifranquistas e galeguistas doutras tendencias. Convocaron ese ano un Primeiro de Maio galego e tentaron presentar un candidato para as eleccións a procuradores en Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en Santiago de Compostela en 1898, froito da escisión entre o nacionalismo coruñés vagamente liberal, capitaneado por Manuel Murguía, e o tradicionalista e católico santiagués de Alfredo Brañas. Presidida por Cabeza de León, contaba con Brañas na secretaría, que tratou de poñer o potencial rexionalista ao servizo do carlismo, o que axiña provocou o rexeitamento da Liga da Coruña. En 1900 o movemento entrou en crise, cando perdeu parte da súa base, que se achegara ao rexionalismo como defensa fronte á crise económica. A morte de Brañas nese ano marcou a fin do movemento en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída na Coruña en 1897 ao redor da tertulia da Cova Céltica, reforzada pola presenza na cidade de Manuel Murguía. Integrada por un grupo de intelectuais rexionalistas, dos que destacaban Salvador Golpe, Manuel Lugrís Freire e Uxío Carré Aldao, tiña como obxectivos destacar a defensa dos intereses materiais, morais, políticos e sociais de Galicia. O seu voceiro foi a Revista Gallega, semanario fundado por Galo Salinas. Sostiveron algunhas campañas pola unificación e purificación da escritura en galego, a obtención da autonomía e a defensa do emprego do galego nas escolas rurais. Desde comezos do s XX as súas actividades reducíronse ao apoio de iniciativas culturais, como a fundación da Real Academia Galega (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de transportes aéreos creada en 1931, cando o estado asumiu o control da sociedade da Compañía de Líneas Aéreas Subvencionadas, SA (CLASSA). Inaugurou a liña Madrid-Lisboa que, a través da liña Madrid-Barcelona, permitiu enlazar Lisboa co centro de Europa. Disolveuse en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro ruso. Realizou importantes estudios matemáticos e mecánicos. Desenvolveu unha teoría xeral da estabilidade e da regulación de sistemas non liñais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou como fotógrafo con seu pai, Francisco Llanos Trápaga. Colaborou, entre outros medios comunicación, con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche e El Correo Gallego. Durante a Guerra Civil Española colaborou na fronte de guerra co tamén fotógrafo Jalón Ángel. Realizou diversas exposicións en Vigo e na   Coruña, en que incluíu sobre todo imaxes históricas de ambas as dúas cidades. Foi galardoado con dúas cruces ao Mérito Militar e co título de Vigués Distinguido (1986). Recibiu o titulo de asociado de honra (1994) da Federación de Asociaciones de la Prensa de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Gales (1194-1239). Achegouse aos baróns ingleses que se opuñan a Xoán sen Terra. En 1215, na Carta Magna, fixo recoñecer a este os dereitos dos galeses. En 1238 ingresou como monxe nun mosteiro do Císter. Á súa morte case non quedaron establecementos ingleses en Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Gales (1258-1282), neto de Llewelyn I. En 1267 fíxose recoñecer príncipe de Gales polos ingleses. Someteu os príncipes galeses do N, pero foi finalmente derrotado polos ingleses. Ao negarlle a homenaxe a Eduardo I de Inglaterra, este atacouno e, tras vencelo, impúxolle o duro Tratado de Conway (1277). Coa súa morte rematou a independencia de País de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alessandro Falca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida tamén como Xosefina López de Serantes, iniciouse na literatura infantil e, a partir de 1948, dedicouse plenamente ao mundo da novela. É autora de Benito Vicetto iñorado (1978) e Vida e morte dun poeta. Biografía de Francisco Añón Paz (1812-1878) (1986). Membro da Sociedad General de Escritores de España e da Asociación de Escritores, recibiu o primeiro premio dos Xogos Florais de Oleiros (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Manuel Catoira, colaborou en diversas revistas literarias. É autor de A cadea (1977), Intento de fuga en la prisión central (1978) e das antoloxías Cen augas e Opera aperta. Poesía galega (1981). Coa súa composición “Traballadores do cemento” conseguiu o Premio Nós (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO