"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo editada nos anos oitenta do século XX.
-
-
Nota ou grupo de notas débiles que preceden ao primeiro tempo forte dunha composición ou frase.
-
-
Na métrica clásica, sílaba inicial dun verso considerada como que non forma parte do metro.
-
Na métrica moderna, sílaba ou sílabas átonas que preceden ao primeiro acento dun verso.
-
-
-
-
Non acústico, que impide a propagación do son.
-
Zona da alta atmosfera na que, por causa da excesiva separación das moléculas, se fai imposible a propagación do son. Comeza cara aos 150 km de altitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas pertencentes á familia das asteráceas, de follas recortadas, flores en capítulos, de lígulas brancas ou amarelas e froito en aquenio, plano e alado. En Galicia pódese atopar de forma naturalizada A. radiatus e de forma espontánea A. clavatus en terreos incultos da Coruña e Ourense.
-
-
Maior ou menor cantidade de froitos dunha especie ou conxunto de froitos que produciu a terra nun ano determinado.
-
Crías dun animal que nacen ao mesmo tempo.
-
Aquilo que comporta cada ano unha renda, censo, soldo, que se paga por anos.
-
Período dun ano dun emprego.
-
Viño dunha colleita determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘preñada’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de recente introdución procedente do topónimo portugués Anadía, terra do investigador da lírica medieval galego-portuguesa Manuel Rodrigues Lapa. Etimoloxicamente este antropónimo parece derivar de aqua nativa ‘auga orixinal’. A auga é símbolo de vida e de pureza, de aí o uso da auga bendita no bautismo; ademais a auga rexenera, fertiliza e vence o lume. Tradicionalmente, fontes e pozos son lugares de alegría e asombro onde acontecen encontros importantes (como os encontros dos namorados das cantigas de amigo), por iso se lle pide a auga a Deus e aos santos. En Galicia hai tres tipos de augas: a auga bendita que se recolle na igrexa o Sábado Santo para bendicir as casas e arredar o demo; as augas santas de fontes milagreiras, usadas contra as enfermidades; e, finalmente, a auga do ceo recollida dos corgos dos penedos ou das flores que, segundo a crenza popular, pecha as feridas, cura os ollos enfermos e fai felices as mozas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés que se atopa unido co seu xemelgo pola parte superior do corpo, mentres que pola parte inferior están separados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que os gregos coñecían a Afrodita, en relación coa lenda do seu nacemento mariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra ou grupo de palabras que aparecen ao final dun verso ou dunha frase ao comezo do verso ou da secuencia seguinte. Denomínase tamén reduplicación.
-
-
Que vai en sentido contrario ao normal.
-
Dise dos peixes que, procedentes do mar, van reproducirse aos ríos ou ás lagoas litorais. Considéranse parcialmente anádromas aquelas especies que, sendo mariñas, van desovar en augas menos profundas ou costeiras e as especies de auga doce que se trasladan augas arriba dos ríos para esmillar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos organismos anaerobios ou á anaerobiose.
-
respiración anaeróbica
Calquera vía catabólica na que a enerxía se obtén de compostos orgánicos en ausencia de osíxeno libre. A glicólise e a fermentación alcohólica son dous exemplos.
-
-
Dise dos motores que non utilizan o osíxeno como comburente. Estes motores van provistos de depósitos de combustible e de comburente.
-
Capacidade dos músculos de soportar esforzos relativamente prolongados en condicións de débeda de osíxeno constante, de xeito que se activen funcións metabólicas musculares alternativas á respiración celular, como por exemplo a fermentación do piruvato con produción de lactato.
-
-
-
Que non precisa de osíxeno para vivir.
-
-
Microorganismo que non precisa osíxeno libre para vivir (anaerobio facultativo) ou que precisa vivir nun medio no que non exista osíxeno libre (anaerobio estricto).
-
Organismo que vive en anaerobiose.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo anaerobio ou que pertence a este tipo de organismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de vida, descuberta por Pasteur ao estudar a fermentación butírica, dos seres que non precisan de osíxeno libre (en forma gasosa) e obteñen a enerxía de reaccións de oxidación nas que o aceptor final de electróns é a materia orgánica. Existen dous tipos de organismos anaerobios: os anaerobios estrictos (non toleran a presenza de osíxeno no medio) e os anaerobios facultativos (toleran a presenza de osíxeno no medio). Así mesmo, os organismos anaerobios facultativos poden ser de dous tipos: os indiferentes á presenza ou ausencia do osíxeno e os que poden pasar da anaerobiose á aerobiose, segundo a disponibilidade de osíxeno no medio (como os lévedos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira fase da mitose na que os cromosomas fillos se separan e dirixen cara aos dous polos do fuso acromático onde se atopan os centriolos; ou da meiose, onde se separan cromosomas homólogos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da capacidade de percepción táctil, de orixe orgánica ou psíquica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de vento, de orixe mourisca e moi semellante a unha trompeta, longo e recto.
-
-
Relativo ou pertencente á anafilaxe.
-
Dise dun organismo caracterizado por unha extrema ou anormal sensibilización a unha proteína que lle resulta estraña.
-
Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo, despois da inxección dun antíxeno nun organismo que estaba sensibilizado a el.
-