"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Duquesa de Chartres e posteriormente duquesa de Orleans. Filla de Luís de Borbón, duque de Penthièvre, muller de Luís Filipe Xosé de Orleans e nai do Rei Luís Filipe I de Francia. Presidiu a anticorte parisiense do Palais Royal. Encarcerada en 1793, o Directorio deportouna (1797). Exiliada, viviu na Jonquera, Figueres (1797 e 1801-1808), en Escala, Sarriá (1797-1801), onde creou un pequeno salón literario e político, e en Palermo e Maó (1809 e 1811-1814) ata que puxo fin ao exilio trala caída do Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal francés, fillo do duque de Vendôme e tío de Enrique IV. Bispo de Rouen (1550), recibiu da Liga Católica o título de Rei co nome de Carlos X (1589), a pesar de que vivía Enrique III. Este fíxoo encarcerar e obtivo a súa renuncia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia do centro de Francia que se corresponde ao actual departamento de Alier e cunha parte do departamento de Cher. Constitúe unha área de transición entre o Macizo Central e a conca de París, e está drenada polo río Cher e polo Alier. A súa agricultura está baseada no cultivo de trigo e forraxe, alimento, este último, da gandería bovina. As cidades son en xeral mercados agrícolas, como Moulins, capital da provincia. Na época gala esta rexión estivo poboada polos arvernos, os eduos e os bitúrigos cubios (cubi). Conquistada polos romanos (arredor do 58 a C), foi posteriormente ocupada polos visigodos (477) e polos francos (principios do s VI). No s X apareceu a señoría de Borbón. Aimard ou Adhemar (s X) foi o primeiro dos señores do Borbonesado; o seu neto Archambaud II (? - 1034) consolidou a dinastía Borbón-Archambaud no poder. Roberto de Clermont (1256 - 1317), fillo de Luís IX, adquiriu o Borbonesado ao casar con Beatriz de Borbón (1278). En 1327 Carlos IV converteu...
-
-
Relativo ou pertencente aos Borbóns.
-
Partidario dos Borbóns.
-
-
SERRAS
Aliñación montañosa do Brasil que atravesa os estados de Río Grande do Norte, Paraiba e Pernambuco, paralela á costa. O seu punto máis alto (1.100 m) atópase ao S, sobre o río Paraiba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído intestinal debido ao movemento de gases polos movementos peristálticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar de forma moi baixiña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bolboroto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Ribadeo. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, burbullas. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borbullar, Borbulleiro, Borbullón, Burbulla, Burbullar, Burbulleiro e Burbullón.
-
-
Facer os líquidos burbullas que saen á superficie.
-
Nacer a auga da terra ou ferver impetuosamente facendo burbullas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dando tombos polo chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.
-
LOCALIDADES
Localidade da vertente francesa dos Pireneos, no país de Béarn (Gascoña, departamento dos Pireneos Atlánticos), situada no val do río Aspe, no Camiño de Peregrinación a Santiago, na vía que, procedente de Toulouse, penetra en territorio español polo porto de Somport e segue cara a Jaca (Camiño Aragonés). Este treito do camiño aproveita a antiga calzada romana que unía o país de Béarn con Caesar Augusta (actual Zaragoza).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado que chega máis arriba do nocelo, aberto por diante e axustado por medio de cordóns.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. É autor do drama Draussen vor der Tür (Na entrada, 1947), onde reflectiu a traxedia da guerra no seu país. O conxunto da súa produción publicouse postumamente en 1949.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
aranda ou canto superior de cada un dos costados dunha embarcación. Tamén designa o ángulo formado pola cuberta e o costado.
-
PERSOEIRO
Mariño militar e matemático. Atopou un método astronómico para calcular a situación dos barcos e deu a coñecer un círculo de reflexión que leva o seu nome. Participou na medida do grao do meridiano entre Dunquerque e Barcelona. Escribiu, entre outras obras, Mémoires sur le mouvement des projectiles (Memoria sobre o movemento dos proxectís, 1756) e Descriptions et usage du cercle à reflexion (Descricións e emprego do círculo de reflexión, 1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camiño percorrido por un barco entre dúas viradas cando, polo feito de ter vento de proa, ten que navegar de bolina, escorándose, a babor ou a estribor, da ruta que non pode seguir directamente.
-
irar a nave a un lado e outro sobre os costados e alternativamente para gañar o vento en contra.
-
Chegar o barco ao punto no que convén facer a virada.
-
-
-
de bordar.
-
Labor de adorno que se fai con fío nunha tea, lenzo, ou coiro, normalmente en relevo e con moita filigrana. O bordado a man realízase dispoñendo o tecido de base nun bastidor ou tear e facendo a man as pasadas de agulla. O bordado a máquina faise con máquinas moi semellantes ás de coser, provistas dun bastidor sobre o que se dispón o tecido, que se move manualmente para repasar o debuxo, ou con máquinas de bordar. É unha das artes máis antigas que se coñece. Posiblemente ten unha orixe asiatica. Entre os pobos orientais, cultívase o bordado en Asia Menor, Crimea, Tartaria, Turquestán, China, India, Xapón e Exipto. En América é moi importante a cultura téxtil do Perú pre-inca. A técnica do bordado foi transmitida de Oriente a Europa a través dos países mediterráneos. Actualmente, ten os centros máis importantes en Suíza e en Inglaterra.
-
Relativo a unha situación ou cousa totalmente satisfactoria.
-
Operación de facer ornamentos enriba dun tecido de base sensible á acción de certos axentes químicos (ácidos ou álcalis) someténdoo a un tratamento con estes axentes, que o queiman ou o disolven e só deixan o motivo ornamental.
-
-
-
Persoa que borda.
-
Fabricante de encaixes de coxíns.
-
Mesteiral que traballaba a madeira para fabricar pequenos obxectos de decoración, para uso doméstico ou uso militar. Durante a Idade Media os bordadores traballaban ao servizo da igrexa ou da corte. Non foi ata os ss XV-XVI cando se integraron en diferentes confrarías.
-