Borce
Borce
Localidade da vertente francesa dos Pireneos, no país de Béarn (Gascoña, departamento dos Pireneos Atlánticos), situada no val do río Aspe, no Camiño de Peregrinación a Santiago, na vía que, procedente de Toulouse, penetra en territorio español polo porto de Somport e segue cara a Jaca (Camiño Aragonés). Este treito do camiño aproveita a antiga calzada romana que unía o país de Béarn con Caesar Augusta (actual Zaragoza).