bordado -da
(< bordar)
-
p reg
de bordar.
-
s
m
[TÉXT/ARTE]
Labor de adorno que se fai con fío nunha tea, lenzo, ou coiro, normalmente en relevo e con moita filigrana. O bordado a man realízase dispoñendo o tecido de base nun bastidor ou tear e facendo a man as pasadas de agulla. O bordado a máquina faise con máquinas moi semellantes ás de coser, provistas dun bastidor sobre o que se dispón o tecido, que se move manualmente para repasar o debuxo, ou con máquinas de bordar. É unha das artes máis antigas que se coñece. Posiblemente ten unha orixe asiatica. Entre os pobos orientais, cultívase o bordado en Asia Menor, Crimea, Tartaria, Turquestán, China, India, Xapón e Exipto. En América é moi importante a cultura téxtil do Perú pre-inca. A técnica do bordado foi transmitida de Oriente a Europa a través dos países mediterráneos. Actualmente, ten os centros máis importantes en Suíza e en Inglaterra.
Ex: Fíxolle un bordado ó babadeiro co nome do neno.
-
adx
Relativo a unha situación ou cousa totalmente satisfactoria.
Ex: A comida saíuche bordada, non podía estar máis boa.
-
bordado químico
Operación de facer ornamentos enriba dun tecido de base sensible á acción de certos axentes químicos (ácidos ou álcalis) someténdoo a un tratamento con estes axentes, que o queiman ou o disolven e só deixan o motivo ornamental.