"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  •   Luís de Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Estado musulmán da Península Ibérica que existiu como entidade política independente en dous períodos diferentes da historia de Al--Andalus. O primeiro Reino de Granada xurdiu como reino de taifa baixo o goberno da familia bérber dos Ziríes, trala desaparición do califato de Córdoba (1031), e foi conquistado en 1090 polos almohades; e o reino nazarí de Granada, fundado en 1231, trala caída do imperio almohade, por Mu ḥ ammad ibn Našr, quen o estendeu desde Tarifa a Almería e situou a capital en Granada. Este reino existiu durante dous séculos e medio, ata que as loitas entre as distintas faccións da familia nazarí reinante e a guerra iniciada polos Reis Católicos acabaron con el o 2 de xaneiro de 1492.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado dun corpo de infantería especial que apareceu nos exércitos europeos desde o s XVII. Caracterizábanse polo emprego de granadas de man contra a artillería inimiga. Distribuíase en compañías, asignadas aos distintos batallóns de infantería, que pelexaban en primeira liña. Posteriormente, transformáronse en tropas de asalto, dotadas de armas lixeiras e bombas de man, coa misión de atacar as posicións inimigas antes da chegada da infantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao S de Las Cañadas (18.508 h [1996]). Cultívase tabaco e tomate, e destaca a gandería caprina e porcina. Posúe industrias alimentarias derivadas e unha central eólica. Fundada no s XVI, non se constituíu como municipio ata o s XIX. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as covas con necrópoles de Chiñama, La Jaquita e Tagoror del Rey, a igrexa de San Antonio Abad (s XVIII) e o convento franciscano (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Caesalpinia

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel de seda sometida a unha gran torsión.

    2. Tecido feito con esta pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida refrescante de sabor doce que se fai a partir do zume da granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago das Pequenas Antillas, nas illas de Barlovento. Están entre Granada, da que dependen as illas meridionais, e San Vincente e as Granadinas, da que dependen as setentrionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Granada (España).

      2. Natural ou habitante de Granada (España).

      1. Relativo ou pertencente ao estado de Granada.

      2. s Natural ou habitante de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Estudiou piano con F. Jurnet e J. B. Pujol, e composición con F. Pedrell (1883) e con Ch. de Bériot en París (1887-1889). En 1899 fundou a Sociedad de Conciertos Clásicos e en 1901 a Academia Granados, onde ensinou a súa técnica pianística. Colaborou e actuou, entre outros artistas, con P. Casals, C. Saint-Saëns e J. Thibaud. En 1911 estreou Goyescas, para piano, e escribiu a zarzuela María del Carmen (1898) e as obras líricas Picarol (1901), Gaziel (1906) e Liliana (1911). Da súa produción sinfónica destaca Tres danzas españolas (1892), o poema La Divina Comedia (1908) e diferentes suites. Para piano escribiu, entre outras pezas, Doce danzas españolas, Escenas románticas, Canciones amatorias e Colección de tonadillas en estilo antiguo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Metal reducido a partículas máis ou menos esféricas que se obten por proxección do metal fundido contra un chorro de auga.

    2. Gran pequeno de ouro ou de prata que serve para facilitar o afinamento nos traballos de pratería.

    3. efecto granular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar unha granallaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de superficies metálicas que consiste en proxectar granalla a unha velocidade determinada para arrancar as partículas de óxido. Aplícase como operación previa ao recubrimento con substancias protectoras da superficie tratada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empezar a botar o gran algunhas plantas, en especial os cereais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Para o pan engraiar, ha de o boi tremar”

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mañón baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor vermella escura e ás cousas que presentan esta cor.

    2. Conxunto de minerais isomorfos, de fórmula xeral A 3 B 2 (SiO 4 ) 3 , que pertence ao subgrupo dos nesosilicatos (A pode ser calcio, aluminio, magnesio, ferro ou manganeso divalentes, e B aluminio, ferro ou cromo trivalentes). Comprende diferentes especies, como a almandina, andradita, espesartita, grosularia, piropo e uvarovita. Cristalizan no sistema cúbico e teñen normalmente unha cor vermella escura. Posúen unha dureza de 7-7,5 e unha densidade de 3,6-4,3. Utilízanse coma abrasivos e en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘moito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio dos Vosges, no departamento do Alto Rin, Francia, coñecido tamén por Ballon de Guebwiller (1.426 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (8.759 km2; 166.900 h [estim 1986]). A capital é Buchanan (23.999 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (5.287 km2; 83.900 h [estim 1986]). A capital é Robertsport (2.562 h [1974]).

    VER O DETALLE DO TERMO