"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • sensibilizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser sensibilizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sensibilizar ou sensibilizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sensibiliza.

    2. Anticorpo que porta un antíxeno celular e un complemento.

    3. fotosensibilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer sensible á acción dun axente físico ou químico.

      2. Facer sensible unha célula, coa acción dun complemento, por contacto desta cun sensibilizador específico.

    1. Reclamar a atención e o interese sobre un problema particular ou unha situación.

    2. Amosar interese ou preocupación por unha situación ou problema particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Documentado en Tui ao redor de 1610, pintou os pasos de Semana Santa da igrexa parroquial do Porriño. O seu fillo Manuel Serbeira está documentado desde 1618. Das obras, atribuídas a un ou a outro, destacan os frescos de San Bartolomeu de Rebordáns, con escenas do calvario e a lamentación sobre Xesús Cristo morto, e un conxunto de táboas conservadas na igrexa parroquial da Guarda que pertencía a un retablo en que se representaban os doutores da Igrexa, escenas do nacemento de Xesús e da glorificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de servil.

    2. Actitude de seguir ou obedecer sen ningunha clase de iniciativa nin de responsabilidade, nin espírito crítico e mesmo sen ningunha convicción autenticamente propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición cara ao sexo ou a sexualidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sibilas.

    2. Que é misterioso ou enigmático.

    3. Escolma de oráculos dos tempos de Tarquinio o Soberbio, que llos adquiriu á sibila de Cumas. Escritos en grego, nun estilo enigmático, estaban relacionados coa sibila e o culto de Apolo. Gardábanse en Roma, no templo de Xúpiter Capitolino, pechados nun estoxo de pedra. Foron destruídos no incendio do Capitolio (83 aC), aínda que o senado fixo reunir outra escolma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo montañoso da cordilleira dos Apeninos, Italia, situado entre Umbria e Marcas. Está formado por calcarias e margas cretácicas. Acada a súa máxima altitude no monte Vettore, de 2.478 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada entre o Mar Tirreno e o Xónico, a maior do Mar Mediterráneo, Italia (25.708 km2; 4.866.202 h [2001]). A súa capital é Palermo. Preto da costa oriental atópase a masa volcánica do Etna (3.323 m) e ao S deste ábrese a ampla depresión de Catania. O seu clima é mediterráneo, con invernos suaves e veráns calorosos e moi secos. A poboación duplicouse ao longo do s XX debido principalmente a unha alta taxa de natalidade. As principais cidades son Palermo, Catania, Messina e Siracusa. A agricultura, a pesar do seu baixo rendemento, ten unha grande importancia e os cultivos máis estendidos son os cereais, a vide e a oliveira. É rica en xacementos de xofre, sal, petróleo e gas natural. A illa goza, dentro da constitución italiana, dunha certa autonomía e dun estatuto especial desde 1942, aínda que Siracusa, fundada polos dorios en 734 a C, impúxose en toda a illa. Sicilia foi conquistada polos romanos (s III a C) e polos bizantinos en tempos de Xustiniano, foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións militares da Segunda Guerra Mundial mediante as que os aliados ocuparon a illa de Sicilia (10 de xullo-17 de agosto de 1943). Despois dun intenso bombardeo e de conquistar tres illas próximas, as forzas angloestadounidenses comandadas polos xenerais Eisenhower e Alexander desembarcaron no S e o SL de Sicilia. A campaña rematou coa ocupación de Messina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou diversas series sobre obxectos domésticos pintados con trazos vigorosos de carácter expresionista e saturación cromática. En 1985 derivou cara a unha abstracción de resonancias suprematistas. En 1989 obtivo o Premio Nacional de Artes Plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de danza, vogal ou instrumental, probablemente de orixe popular siciliana, de movemento moi moderado a 6/8 ou 12/8, que se cultiva en Italia e nos países xermánicos. Adoita empregar un modo menor e baséase no ritmo iámbico. Floreceu na primeira metade do s XVIII, e está vinculada á pastoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División estratigráfica do Cuaternario mariño mediterráneo, con categoría de piso, que se corresponde a un ciclo eustático completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Sicilia, aos seus habitantes ou a súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Sicilia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo siciliano.

      2. Individuo do pobo siciliano.

      3. Pobo indoeuropeo procedente das costas de Grecia que colonizou a illa de Sicilia. Aínda que se supón que esta terra xa estaba habitada desde o Pleistoceno, segundo os antigos, os sículos e os sicanos déronlle unha certa organización e un certo desenvolvemento ata a colonización grega. Hai moi pouca información sobre a súa civilización, á parte dalgúns restos de santuarios preto de Palagonia e de Hiblea.

    1. ariedade lingüística italiana do grupo meridional extremo. O E e O tónicos convertéronse en I e U (TELA > tila ‘tea’; SOLE > sule ‘sol’), e o LL latino pasou a ser cacuminal (BELLA > deḋḋa). O seu léxico é produto dunha rerromanización tras o paso dos árabes, e contén hispanismos (criata, ‘criada’) e galicismos (custurieri, ‘xastre’), así como concomitancias co calabrés.

    2. Arte desenvolvida en Sicilia. O Paleolítico Superior está ben representado con pinturas rupestres en San Teodoro, Trapani e a illa de Lavanzo, e o Neolítico en Stentinello. Coa chegada dos colonizadores gregos fundáronse numerosas cidades e construíronse os conxuntos monumentais conservados en Siracusa, no chamado val dos templos de Agrigento, en Selinunte, en Segesta ou en Taormina. A partir do s V deixouse sentir a presenza bizantina que, despois da invasión dos árabes e coa chegada dos normandos, culminou coa realización da arte sículo-normanda. De época barroca destacan os palacios de Palermo ou Siracusa.

    3. Movemento poético que se desenvolveu durante o s XIII na corte de Federico II e dos seus fillos. O seu nome foille dado por Dante (De vulgari eloquentia), tanto pola orixe de moitos dos seus poetas como pola súa linguaxe, basicamente siciliana. Destacaron Odo della Colonne, Guido delle Colonne, Pietro delle Vigna, Giacomino Pugliese ou Iacopo d’Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transferrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado un dos máis destacados poetas renacentistas ingleses, salienta The Lady of May (1578), a súa colección de sonetos Astrophel and Stella (1580-1584) e a novela The Countess of Pembroke’s Arcadia (1590).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación cutánea da sífilis.

    VER O DETALLE DO TERMO