Serbeira, Filipe
Serbeira, Filipe
Pintor. Documentado en Tui ao redor de 1610, pintou os pasos de Semana Santa da igrexa parroquial do Porriño. O seu fillo Manuel Serbeira está documentado desde 1618. Das obras, atribuídas a un ou a outro, destacan os frescos de San Bartolomeu de Rebordáns, con escenas do calvario e a lamentación sobre Xesús Cristo morto, e un conxunto de táboas conservadas na igrexa parroquial da Guarda que pertencía a un retablo en que se representaban os doutores da Igrexa, escenas do nacemento de Xesús e da glorificación.