"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento aparente dun obxecto sen intervención física que é motivado por unha forza psíquica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luminescencia que se produce pola calor e que ten aplicacións para a medida e o control calorimétricos de temperaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos monoterpenos cíclicos e diénicos, de fórmula C10H16O, que son isómeros do limoneno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos tres compostos hidroxílicos isoméricos, de estrutura ciclohexánica e natureza monoterpénica con fórmula C10H18O. Desígnanse cos prefixos α, β e γ. O α-terpineol emprégase como aromatizante na industria alimentaria e en perfumaría para producir olor de lilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreos delimitados e xestionados que substituíron aos antigos coutos de caza, a partir da Lei 4/1997 de 25 de xuño, de Caza de Galicia, aprobada en 2002, co fin de garantir a viabilidade das poboacións cinexéticas e a conservación do medio en que se encontran mediante unha planificación e xestión da caza, unha mellora forestal, o control das queimas ou a instalación de refuxios para a fauna e zonas de alimentación, ademais de controlar os aspectos sanitarios das repoboacións de especies cinexéticas. O termo societario, que acompaña o acrónimo na maior parte dos casos, refírese a que a propiedade do terreo é dunha sociedade de cazadores.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lamas de Campos (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 824 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos testudíneos.
-
Quelonio da familia dos testudíneos.
-
Familia de quelonios que se caracteriza por ter unha crista na caluga, a parte dorsal da cuncha formada por nove ósos, as vértebras anteriores baleiras e o pescozo completamente retráctil. Inclúe especies repartidas por todo o mundo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico francés. Profesor de filoloxía románica en La Sorbonne, é autor de numerosos traballos de crítica textual e de etimoloxía do francés e do provenzal medievais. Os seus Essais de philologie française (1887) e Nouveaux essais de philologie française (1904) son modelos de rigor científico e de erudición profunda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos tineidos.
-
Insecto da familia dos tineidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, de dimensións moi pequenas, nocturnos, e a miúdo cun brillo dourado ou abrancazado. As eirugas comen fungos, madeira e sementes, pero tamén materiais de orixe animal. Algúns son comensais de formigueiros, de niños de paxaros e de mamíferos. Hai especies domésticas, das que destacan Tineola bisseliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. Algunhas especies, como Nemapogon granella, poden ser praga agrícola.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias (12.598 h [2001]). É un centro agrícola e mineiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Tenerife ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tenerife.
-
-
RIOS
Río da vertente Atlántica que nace no concello de Mazaricos, baña o de Outes e desemboca pola parroquia de Tarás, na ría de Muros e Noia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en tocoxinecoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que comprende a tocoloxía e a xinecoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 29.12. 1912) Pintor. En 1935 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Co estoupido da Guerra Civil foi mobilizado e ao termo desta rematou os estudos. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo e, desde 1954, concorreu ás Exposicións Nacionais, onde obtivo unha terceira medalla en 1962. Cultivou o retrato, a paisaxe, incluída a urbana, o bodegón e as escenas populares. De estilo íntimo e ecléctico, evolucionou desde o realismo figurativo e pintou figuras moi escultóricas integradas na paisaxe, exaltando sentimentos de tenrura. A súa pincelada é firme, sen veladuras nin esfumados. As súas obras achéganse, partindo dun postimpresionismo cubista, aos modos fauves. Destacan, entre outras obras, Pintora e modelo (1952), Porto de Guixar (1965), Muller con muíño (1965), O Berbés (1973), Capea en Albarracín (1984-1985), Praia (1985-1987), Boi esfolado (1985),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Marín 17.6. 1901 - 10.5.1995) Pintor. Foi un dos membros da vangarda histórica galega, do grupo dos Renovadores. Estudou maxisterio por libre desde 1914 e en 1925 trasladouse como mestre a Oia (Vigo) e comezou a asistir aos parladoiros do café Derby. En 1927 obtivo unha pensión da Deputación de Pontevedra e marchou a Madrid, onde estudou debuxo e pintura e participou en exposicións colectivas como a de arte galega realizada no palacio do Retiro. En 1931 gañou unha bolsa de viaxe da deputación provincial e viaxou a París. Foi socio fundador e profesor de debuxo da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia, que posteriormente tomou o seu nome, e realizou a maioría das súas exposicións en cidades e vilas galegas. Na década de 1920 comezou a colaborar como columnista e como viñetista en diversas publicacións como Faro de Vigo (1925),Vida Gallega (1925-1929), Céltiga (1925), El Sol (1929), La Libertad (1929), El Pueblo Gallego...
-
PERSOEIRO
Economista. Promotor da facultade de Ciencias Económicas, Sociais e Políticas de Madrid (1944), foi catedrático de Teoría Económica (1945) e decano, e intentou unha certa racionalización da política económica de España. Atraído nunha primeira época polo nacionalismo económico, inclinouse gradualmente cara ao neoliberalismo e o neocapitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Garfo onde se colga a carne ou o touciño para que seque.
-
-
touciñento.
-
Que ten moita graxa.
-
Que ou a quen lle gusta a carne de porco.
-
Persoa que vende carne de porco.
-