"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Conxunto de normas sociais, obrigas, prohibicións, crenzas ou usos difundidos nas civilizacións chamadas primitivas, sobre todo en culturas baseadas na caza e na agricultura. Fundaméntanse na concepción dunha relación especial de parentesco ou de concordancia mítica e, polo tanto, de mutua protección entre un grupo sociocultural e o tótem (totemismo colectivo), parentesco establecido por descendencia directa ou por parentesco lateral ou paralelo; ou un individuo e o tótem (parentesco individual), que ten a súa máxima expresión no xamanismo. Considerado antepasado mítico e a muído divinizado, o tótem ten a función de estruturar a vida social e é fonte de obrigas e prohibicións. Entre outras cousas, establece a endogamia e múltiples tabús, principalmente alimentarios e rituais. Está considerado por moitos etnólogos e sociólogos do s XIX como unha institución autónoma e como a máis primitiva e xeneralizada forma de relixión entre as sociedades primitivas. A etnoloxía actual valora case exclusivamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente teolóxica do anglicanismo, orixinada en Oxford, que promoveu a publicación dos Tracts for the Times (1833-1841), opúsculos sobre temas de tradición da Igrexa, de onde deriva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófico-relixiosa aparecida no catolicismo francés da Restauración, en oposición ao pensamento ilustrado que inspirou a Revolución de 1789. Afirmaba a necesidade da monarquía e da Igrexa como vehículos polos que o home chegaba ao contido dunha revelación divina primitiva constituída polas verdades teóricas e prácticas fundamentais. Os seus representantes máis destacados foron L. de Bonald, J. de Maistre, F. R. Lamennais e L. Bautain, e, en España, Juan Donoso Cortés.

    2. Doutrina política que defende a soberanía real exercida a través das institucións propias da sociedade foral e estamental. En España foi adoptada polo carlismo, e implicaba o retorno á monarquía absoluta, baseándose na tese da lexitimidade da lei sálica, no dereito divino da monarquía e, polo tanto, na defensa decidida da relixión católica. Posteriormente, esta doutrina procurou unha xustificación histórica na identificación da monarquía absoluta cunha suposta monarquía tradicional medieval. Esta identificación completouse co recoñecemento dos foros ou leis tradicionais dos diferentes reinos da monarquía hispánica. Despois da Terceira Guerra Carlista, Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Na Segunda República Española creouse Comunión Tradicionalista que en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista e das Jons.

    3. Afección ás cousas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina, oposta ao creacionismo, que considera que a alma é transmitida de pais a fillos mediante a xeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema filosófico kantiano cuxo obxecto e método é de carácter transcendental.

      2. Designación que reciben certos aspectos do idealismo poskantiano como por a filosofía do espírito de Schelling (denominada por el mesmo transcendental).

      1. Movemento estadounidense, representado polo Transcendental Club of Boston, que se fundou en 1836 e se caracterizou por un espiritualismo antimaterialista e un intuicionismo de carácter relixioso.

      2. Tendencia ás divagacións abstractas, místicas ou sobrenaturais que menosprezan as mínimas esixencias da comprobación empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da gramática xenerativa que se ocupa das transformacións aplicadas ás frases para pasalas da estrutura profunda á superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría biolóxica que explica a aparición de diversas especies a partir de transformacións sucesivas. As especies vexetais e animais transfórmanse noutras a través de sucesivas mutacións, debido á influencia do medio natural. A teoría do transformismo fixo posible a formulación científica do evolucionismo, que se debe a Lamarck e Darwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento do tránsfuga, especialmente referido á política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión interna ou externa que está provocada por unha violencia exterior.

    2. Estado do organismo que está afectado por unha ferida ou contusión grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos elementos orgánicos que está provocado por unha acción traumática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adopción de vestidos e hábitos sociais considerados propios do sexo oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia literaria e artística xurdida en España a mediados do s XX que consiste en esaxerar a expresión dos aspectos máis crus e duros da vida. La familia de Pascual Duarte (1942), de Camilo J. Cela, é unha das obras da literatura española máis destacadas desta corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lesbianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura social e sistema político das sociedades que se organizan en tribos.

    2. Sistema de organización humana en que existen grupos humanos alleos e hostís entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns cristais de presentar diferentes cores en tres diferentes direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Característica da estrutura léxica das linguas semíticas segundo a que as diversas raíces das palabras constan basicamente de tres fonemas (expresados por tres letras consonánticas), ás que se engaden outros fonemas para constituír as outras formas gramaticais e léxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, tres ordenacións distintas que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estratexia preconizadas polo sector da CNT favorable aos asinantes do manifesto dos Trinta (1931), contrario ao predominio da FAI na CNT. En realidade recolleu o ideario formulado polos principais dirixentes sindicalistas da CNT durante a Ditadura de Primo de Rivera fronte os partidarios de converter a CNT nun organismo explicitamente anarquista. Impulsou finalmente a constitución dos Sindicatos de Oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rixidez espasmódica dos músculos mastigatorios que pecha firmemente a boca.

    VER O DETALLE DO TERMO