"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Plataforma feita con terra sobreposta, pedras e outros materiais, xeralmente sostida con paredes de obra, para tapar un baleiro do terreo, para compensar un desnivel, construír camiños, vías férreas ou para limitar correntes de auga.

    2. Pendente pronunciada situada nas beiras dunha vía de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise que afecta ás catro extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tetraplexía.

    2. Que padece tetraplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao núcleo, á célula ou ao organismo que presenta tetraploidía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do núcleo ou da célula que presenta catro copias de todos os n cromosomas, é dicir son 4n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reconstrución cirúrxica do tímpano e da cadea de ósos do oído medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Voz humana máis aguda.

    2. Persoa que ten a voz máis aguda, especialmente a da muller e a dos nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa que delimita un vacúolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de estar núa unha muller de cintura para arriba.

    2. Espectáculo ou local no que as artistas ou as camareiras levan o peito descuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do tórax, especialmente a resección das porcións da parede torácica para a obtención do colapso pulmonar. Antigamente foi unha técnica que se empregou no tratamento da tuberculose pulmonar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, ao que pertence o T. gondii, parasito intracelular obrigado, que é o produtor da toxoplasmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria que está producida polo protozoo Toxoplasma gondii, que no home se pode manifestar como unha enfermidade conxénita ou adquirida. A forma adquirida é moi variable e moi a miúdo asintomática. A forma conxénita, máis maligna, dá lugar á coriorretinite, calcificacións cerebrais, retardo psicomotor, hidrocefalia e microcefalia, e convulsións. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transplante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambiar un vexetal do lugar en que está plantado a outro, extraéndoo da terra coas raíces.

    2. Cambiar un tecido ou un órgano dun lugar a outro nun mesmo individuo ou dun individuo a outro.

    3. Trasladar a unha persoa ou cousa a un lugar distinto daquel en que está arraigada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transplantar.

    2. Operación de transplantar un órgano ou un tecido. O transplante pode facerse nun mesmo individuo (autotransplante), entre dous xemelgos univitelinos (isotransplante), entre individuos da mesma especie (homotransplante) e individuos de especies diferentes (heterotransplante). Os autotransplantes e os isotransplantes non presentan ningún problema a parte do da propia técnica cirúrxica, e non son rexeitados. Pola contra, os homotransplantes, e sobre todo os heterotransplantes, presentan graves problemas de rexeitamento debido á incompatibilidade inmunolóxica dos tecidos do doador e o receptor. O rexeitamento continúa sendo o principal problema por resolver, a pesar das melloras farmacolóxicas e dos avances na investigación inmunolóxica conseguidos.

    3. Técnica de manipulación xenética experimental que consiste en introducir un núcleo diploide dunha célula doadora nun óvulo fecundado e do que previamente se extrae o núcleo. Reimplantado o óvulo no útero da femia da célula orixinal, comeza a serie de divisións celulares ata o desenvolvemento do embrión. Os transplantes de núcleos de individuos adultos non dan lugar a individuos normais, ou estes non sobreviven ata a idade adulta, xa que proveñen de células especializadas que non presentan a totipotencia das indiferenciadas. OBS: Tamén se denomina transplantación nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en Hannover o 10 de outubro de 1716 entre Reino Unido e Francia, ao que se adheriron o 4 de xaneiro de 1717 as Provincias Unidas. Pretendía asegurar os tratados de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714). En 1718, ao unírselle Austria, pasou a denominarse Cuádrupla Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza asinada o 20 de maio de 1882 en Viena por Alemaña, Austria-Hungría e Italia. Italia uniuse á alianza que fora asinada por Alemaña e Austria-Hungría en 1789, e formou así unha unión defensiva contra Francia, en caso de agresión non provocada, e fronte a calquera coalición de dous estados. Rompeuse en 1915 ao entrar Italia na Primeira Guerra Mundial ás escondidas dos aliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que enfrontou ao exército paraguaio coas forzas da Tripla Alianza (Arxentina, Brasil e Uruguay) entre 1864 e 1870. Ante as pretensións expansionistas do ditador paraguaio Francisco Solano López, que pretendía recuperar a hexemonía sobre o Río de La Plata, as tres potencias uníronse en alianza desde 1865 e derrotaron a Paraguay en 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión con tres ás dispostas paralelamente unhas sobre outras e unidas xeralmente por tirantes.

    VER O DETALLE DO TERMO