Tripla Alianza

Tripla Alianza

Tratado asinado en Hannover o 10 de outubro de 1716 entre Reino Unido e Francia, ao que se adheriron o 4 de xaneiro de 1717 as Provincias Unidas. Pretendía asegurar os tratados de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714). En 1718, ao unírselle Austria, pasou a denominarse Cuádrupla Alianza.