Tripitaka

Tripitaka
[LIT/RELIX]

Denominación sánscrita que se lle dá ao canon do budismo mahāyāna e dalgunhas escolas hinayāna. Escrito orixinariamente nun sánscrito serodio, o 99% dos textos só se conservan en traducións tibetanas e chinesas.