"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia Santa Mariña de Pescoso (Rodeiro). O seu cumio acada os 750 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole megalítica situada no concello do Incio, nunha chaira en que se localizaron un total de 24 mámoas, das que 11 presentan restos de estruturas megalíticas. O dolmen que se atopa nun mellor estado de conservación conta cunha cámara de 5,60 m de lonxitude e 2,80 m de diámetro, que está constituída por nove lousas chantadas pero carece de cuberta.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que presenta escudo de ouro, con castelo de goles, marcado con liñas de prata, e aclarado de azul, sostido de ondas de azul e prata; na fiestra central do castelo, un brazo armado que empuña unha espada de prata; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro presenta escudo partido: 1, de goles cunha banda de ouro engolada en dragantes do mesmo; 2, de goles, cun castelo de prata; bordo para esta partición, de prata cargada de oito M maiúsculos de sable.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Emigrou a Bos Aires en 1953, onde presidiu as Mocidades Galeguistas e o Centro Coruñés, dirixindo e colaborando na súa revista, Orzán, co pseudónimo de Alí ben Omar. Deuse a coñecer na folla cultural de El Ideal Gallego, onde publicou varios contos. Publicou o poemario Pra unha terra apremiada (1961), unha das obras iniciadoras do socialrrealismo poético, e o libro de relatos O gatiño da “Miss” e outros contos (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1973) e, desde 1983, é catedrático de Filoloxía Románica na mesma universidade. Secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre 1971 e 1991, desde 1993 ocupa o cargo de director. Desde todos os seus ámbitos de traballo impulsou activamente a expansión e difusión da lingua galega e centrou as súas liñas de investigación nos diversos campos da lingüística galega. Durante a Xunta Preautonómica ocupou a Secretaría da Lingua Galega (1979), cargo desde o que promoveu a implantación do galego no ensino non universitario. Nese mesmo ano foi nomeado secretario da Comisión de Toponimia da consellaría de Educación e Cultura, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia (2005), publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), punto de partida das Normas ortográficas...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Santander ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Santander.
-
-
ILLAS
Illa grega do Mar Exeo, a máis meridional das Cícladas (75 km2; 7.750 h [estim 1982]). Coas illas menores Thirasia, Apronisi, Pelea e Nea Kaimeni, constitúe a cova dun antigo cráter volcánico. O centro máis importante é Thēra, situada no cumio dunha das altas paredes que caen verticalmente sobre o mar. A poboación vive do turismo e da exportación de viño. Desenvolvida polos romanos foi, máis tarde, sede episcopal e pertenceu aos bizantinos, aos venecianos e ao ducado de Naxos. Ocupada polos turcos (1537), volveu novamente a Grecia na época da independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Discípulo de Malphigi, especializouse en anatomía e describiu diversas cartilaxes, plexos e condutos. É un dos creadores da obstetricia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular de África situado no golfo de Guinea (1.001 km2; 149.000 h [estim 2001]). A súa capital é São Tomé, na illa homónima.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O país comprende as illas de São Tomé, Príncipe e diversos illotes, a maioría deles deshabitados. No seu relevo destaca o cumio de São Tomé que acada os 2.024 m de altitude. O clima é cálido e húmido. Hai cultivos de cacao, café, coco, bananas, copra, mandioca e millo, así como gando bovino, ovino, caprino e porcino. Tamén teñen importancia a pesca e as manufacturas de cervexa e outras bebidas, xabón, produtos alimentarios e madeira escuadrada. As comunicacións son deficientes, e o aeroporto é o de São Tomé. Os portos principais son Ana Chaves e São António. Impórtanse principalmente produtos alimentarios de Portugal, Alemaña e España, a cambio de cacao para Alemaña e Países Baixos. A balanza é negativa. São Tomé concentra o 95% da poboación. A unidade monetaria é a dobra.
... -
CIDADES
Cidade do estado de New York, EE UU, situada ao lado do lago Saratoga, e ao N de Albany (26.186 h [2000]). É un balneario e lugar de veraneo, célebre polas súas augas medicinais. En 1777 o xeneral H. Gates venceu as tropas británicas, comandadas por Burgoyne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Monegros e drenado polo río Alcanadre (3.950 h [2001]). Destaca a industria fariñeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos satirinos.
-
Insecto da subfamilia dos satirinos.
-
Subfamilia de insectos, da orde dos lepidópteros, incluída na familia dos ninfálidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado soberano alemán formado en 1807 ao erixirse en principado do Sacro Imperio o condado de Schaumburg-Lippe. Durou ata 1918, cando abdicou o derradeiro príncipe, e converteuse nun estado libre ata 1946, que foi incorporado ao land de Baixa Saxonia.
-
CAPITAIS
Capital do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (102.878 h [2000]). Está situada na ribeira do lago homónimo, nunha rexión de bosques e lagos, ao N do país. Ten construcións navais e industria química. Destaca a catedral gótica (ss XIII-XV) e o castelo (reconstruído no s XIX) que se alza nunha illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de montaña de Austria, situado entre Baixa Austria e Estiria. O seu cumio acada os 985 m de altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo basidiomiceto de cor crema, cun sombreiro de ata 7 cm de diámetro, e marxe enteira, coas laminiñas separadas, anchas e desiguais, e o pé cartilaxinoso e delgado. Crece nos prados, formando círculos, e é comestible.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Roque.
VER O DETALLE DO TERMO