"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto de carreiras para automóbiles, en forma oval e cunha lonxitude que oscila entre os 2,5 e os 4,5 km, no que os vehículos poden acadar velocidades de máis de 300 km/h. A pista está pechada e é continua, feita cun aglomerado asfáltico de elevado coeficiente de adherencia, ten curvas peraltadas e cando menos dous longos tramos rectos. Os autódromos tradicionais volvéronse perigosos e, agás o de Indianápolis (EE UU) onde se celebra a carreira das 500 millas, apenas se usan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da ecoloxía que estudia os seres vivos considerados individualmente; oponse á sinecoloxía ou ecoloxía das comunidades e ecosistemas.
-
-
Elaboración de material impreso para a súa publicación mediante a aplicación de recursos informáticos. No ámbito publicitario, é preciso empregar programas específicos como QuarkXpress, Corel ou PageMaker, e un hardware suficientemente sofisticado que incluiría un potente ordenador, unha impresora profesional e un escáner.
-
Sistema de edición que permite compaxinar toda clase de documentos onde pode haber texto, ilustracións, gráficos, táboas, etc. Pódese elaborar así unha páxina na que se combinen todo tipo de informacións, con moita máis eficacia que con calquera outro procedemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Educación realizada por un mesmo. En métodos como o de Montessori ou en proxectos como o plano Dalton, os alumnos autoedúcanse por medio da realización de tarefas individuais e colectivas, coa axuda de materiais orientadores de traballo, autocorrectores, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxerto feito con tecidos obtidos do mesmo individuo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pracer erótico obtido en ausencia de estímulo externo. Pódese producir espontaneamente ou ben como resultado dunha actividade dirixida cara ao propio corpo. Sinala o comezo da sexualidade infantil, e no adulto considérase un comportamento regresivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola especializada no ensino do código de circulación e a condución de automóbiles, motos e camións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta autoesterilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incapacidade dun ser vivo para autofecundarse, malia posuír os dous sexos simultaneamente, ben porque a madureza dos gametos non coincide no tempo, ben por incompatibilidades de índole xenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade humana de autovaloración, esencial para a sobrevivencia psicolóxica. Sen un certo nivel de autovaloración positiva, a persoa presenta signos de desánimo que poden ser un primeiro síntoma de depresión.
-
-
Estrada de catro ou máis vías con sentidos de circulación separados por unha mediana central, con control total de acceso e proxectada para poder circular a velocidades elevadas. Os cruzamentos con outras vías de comunicación fanse con pasos a distintos niveis, e ás veces co emprego de viadutos para sortear zonas urbanas, depresións importantes, etc. Ao proxectar unha autoestrada téñense en conta, entre outros factores, a intensidade do tránsito, as velocidades previstas desexadas, as características dos vehículos, as do terreo e especialmente as posibles variacións destes factores no futuro. O radio das curvas en planta, os peraltes e a distancia de visibilidade dependen da velocidade específica do proxecto, que se adoita considerar de 120 km/h en terreo chan, de 100 km/h noutros tipos de terreo, e de 80 km/h en zonas urbanas. Nas autoestradas de campo aberto e de terreos chans acostúmanse a limitar as pendentes ao 3%, e a adoptar curvas verticais dunha lonxitude mínima de 150 m e radios...
-
Concepto ideado polo vicepresidente dos EE UU Albert Gore para referirse ás redes de comunicación de gran capacidade para a transmisión de datos. Popularmente chámaselle autoestrada da información á Internet, posto que a través dela é posible mandar e recibir todo tipo de datos. A diferenza estaría en que a súa capacidade tecnolóxica é moi limitada en numerosos aspectos; e por esa razón en 1999 se inaugurou a rede Abilene, primeira das que integrarán Internet 2. Aínda que esta nova rede non será accesible para os usuarios finais, senón para universidades, investigadores e empresas implicadas no seu desenvolvemento, servirá para probar novas tecnoloxías IP (Internet Protocol), aplicacións de seguridade para o comercio electrónico e a telemedicina, transmisión de vídeo en tempo real e outros servicios. Incluirá asemade unha nova versión do IP coa que se superará a falta de identificativos numéricos no sistema de dominios vixente.
-
-
-
Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.
-
Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao xerador eléctrico que se fornece el mesmo da corrente de excitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación informática que forma parte do sistema operativo DOS de Microsoft, sendo a primeira en cargarse ao acender un PC.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás substancias que estoupan espontaneamente.
-
-
Proceso polo que unha célula dixire parte do seu citoplasma ou dos orgánulos celulares por medio de vacúolos dixestivos formados nas membranas do retículo endoplasmático liso. É máis activo en certos períodos da vida, como por exemplo no desenvolvemento embrionario ou na senescencia.
-
Consumo do propio glicóxeno por parte das células do lévedo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
autogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que o primordio seminal dunha flor hermafrodita pode ser fecundado polo pole dela mesma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na terminoloxía de Gérard Genette (Fition et dition, 1991), narración en primeira persoa de carácter fiticio, na que o autor real se desdobra e aparece como narrador e personaxe no propio relato. Exemplos de autofición son o Quixote ou a Divina Comedia onde Cervantes e Dante, os autores, son á vez narradores e personaxes no relato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investimento interno realizado por unha empresa mediante a operación de deducir unha parte dos beneficios destinándoa ao mencionado investimento. A finalidade básica do autofinanciamento é a de poder realizar os investimentos sen necesidade de recorrer a medios externos e evitar os custos financeiros correspondentes. É particularmente interesante para as pequenas empresas, que teñen un acceso limitado a outras fontes de financiamento, e é igualmente unha das fórmulas financeiras máis empregadas polos grandes grupos económicos dos países desenvolvidos.