"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos mariños, da clase dos cefalocáridos, de pequeno tamaño, non superior a 5 mm, corpo alongado con numerosos segmentos, cunha longa rexión cefálica, sen apéndices e cun só par de maxilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
do Mar Adriático, pertencente a Dalmacia, Croacia (312 km2 ; 11.459 h [1990]). Posúe plantacións de oliveiras, figueiras e vide.
-
-
Superficie rodeada completamente polo mar ou por unha masa de auga continental. Poden ser volcánicas (cumios de edificios volcánicos) ou ter a súa orixe nas plataformas continentais, das que se desprenderon, ben por efecto da erosión-sedimentación ou por forzas tectónicas. As illas do litoral de Galicia teñen a súa orixe tanto en procesos erosivos como en movementos tectónicos.
-
Aquilo que por estar illado se asemella a unha illa.
-
Figura heráldica que se representa por unha montaña rodeada de ondas de azul e prata.
-
Fenómeno que consiste no incremento da temperatura no centro das áreas urbanas con respecto á que se rexistra na súa periferia, que se aprecia especialmente nas horas nocturnas e cando existen condicións atmosféricas estables. É resultado do desprendemento de calor propio da concentración e das actividades humanas (sistemas de calefacción ou acondicionamento do aire, circulación de vehículos automóbiles, iluminación ou actividades produtivas).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural e artístico situado na ribeira do Lérez, en Pontevedra. O proxecto, ideado por Xosé Antón Castro e Rosa Olivares, reúne obras de doce artistas nunha área de 70.000 m2 que se mantén sen urbanizar, coa flora e fauna autóctonas, e á que se accede por medio de pontes e pasarelas. Baseándose nas propostas da land art (‘arte da terra’), as obras relaciónanse coa paisaxe, as tradicións autóctonas, a historia da escultura, a pedra e a relación das persoas coa natureza. Xunto a outros artistas internacionais, atópanse obras dos galegos Fernando Estarque Casás, Francisco Leiro e Enrique Velasco.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello da Illa de Arousa, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Ocupa a illa de Arousa, na ría do mesmo nome. Integrado por unha única parroquia, abrangue unha superficie de 7 km 2 c unha poboación de 4.889 h (2007). A capital municipal é a vila de Arousa, situada a 42° 33’ de latitude N e 8° 51’ de lonxitude O, 59 km ao SO de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio da Illa de Arousa está baixo o dominio climático oceánico húmido, aínda que con tendencia á aridez estival. Recóllense precipitacións anuais medias entre 1.000 e 1.250 mm, cunha distribución estacional que amosa unha forte seca estival: máis dun tercio das precipitacións rexístranse nos meses do inverno e outro tanto acontece no outono, mentres que no verán só Se recolle un 10% das chuvias anuais. A temperatura media anual sitúase entre os 14°C e os 15°C, nun... -
-
ILLAS
Illa do Océano Atlántico, situada ao S das Illas de San Pedro, fronte á costa occidental da parroquia de Visma, no concello da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Lourenzo dividida entre os concellos de Entrimo, onde ten a súa cabeceira, e Lobios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de tendencia anarquista editada en Marín na década de 1980. Subtitulouse “Fanzine independiente de cultura alternativa”. Cunha especial atención ao mundo do cómic, a publicación incluíu artigos relacionados co antimilitarismo, os presos, os “okupas” e a publicidade de prensa alternativa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o regato Lobagueira ou Illa en San Lourenzo da Illa (Entrimo). Trátase dunha ponte de cachotería e perpiaño do s XVII cun arco de medio punto. Pertence ao antigo camiño da Illa a Entrimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode illar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.
-
-
Relativo ou pertencente ao illacionismo.
-
Seguidor do illacionismo.
-
-
-
de illar.
-
Que constitúe algo ocasional ou esporádico.
-
Aplícase ao moble (terrazo, montaña, etc) que está situado no seu lugar habitual, na punta do escudo, pero desprazado cara a arriba, sen chegar a tocar o bordo.
-
Sistema termodinámico ou mecánico onde non hai intercambio de enerxía co medio externo.
-
-
-
Que illa.
-
-
Peza de material dieléctrico que serve de soporte aos condutores. Para as liñas aéreas hai illadores ríxidos ou de soporte e de suspensión ou cadea, constituídos por porcelana ou vidro. As instalacións interiores xeralmente son de soporte, e están constituídos por porcelana ou aglomerados a base de resinas sintéticas.
-
illador de ángulo
Illador que consiste nun tubo de porcelana angular que serve para cambiar a dirección dun condutor en ángulo recto.
-
illador de antena
Illador en forma de oito estilizado que se utiliza para soster antenas e catenarias.
-
illador de campá
Illador con forma de campá.
-
illador de dobre retención
Illador formado por dous illadores de lado que soportan dúas ramas contiguas dunha mesma liña eléctrica, e permiten darlle continuidade ou interrompela nese punto.
-
illador de polea
Illador con forma de polea, de pequenas dimensións, que se utiliza nas instalacións domésticas. As máis grandes empréganse en liñas de transporte eléctricas.
-
illador de retención
Illador que serve para suxeitar as cabezas das liñas que aguantan a tensión horizontal ademais do peso vertical.
-
illador de suspensión/de cadea
Illador xeral formado por diversos elementos iguais, adecuado para tensións de servicio superiores aos 66 kV. A rixidez depende da distribución do potencial ao longo da cadea. Dado que resulta moi difícil poder conseguir unha distribución uniforme do potencial ao longo de toda a cadea, colócanse uns dispositivos en forma de bandas ou de aneis torais, que uniformizan o potencial e protexen o illador contra sobretensións, principalmente de orixe atmosférica.
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de illar ou illarse.
-
Situación na que se encontra algo ou alguén que está illado.
-
-
Conxunto de elementos que contribúen a illar.
-
illamento acústico
Illamento destinado a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa sucesivamente a través de materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso. Pero no caso do illamento acústico intervén outro factor: a propagación sonora varía segundo a lonxitude de onda do son. Así, para frear os sons agudos convén usar materiais porosos, mentres que cando se trata de sons graves convén a interposición de masas que, polo seu peso, son difíciles de poñer en vibración. Por iso, os illamentos acústicos supoñen a colocación de materiais pouco elásticos (como as láminas de chumbo) acompañados de materiais porosos. Considérase que un illamento de 50 dB a 1000 Hz é o mínimo recomendable para as paredes exteriores dun cuarto, e de 30 a 50 dB para as interiores.
-
illamento térmico
Illamento destinado a frear o paso de calor a través dos cerramentos dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior. A eficacia deste illamento representa un aforro de enerxía que se pode absorver ao producir calorías. Para conseguir un illamento cómpre protexer os paramentos que pechan o local que se vai illar con materiais de características porosas, é dicir, formados pola unión de celas de paredes delgadas cheas de aire (ou algún outro gas), que é un bo illante. O feito de ser un gas fai que presente fenómenos de convección que facilitan o transporte de calorías. Cando este aire (ou gas) queda moi compartimentado, prisioneiro dentro das celas dun material poroso, os fenómenos de convección só se poden presentar no interior de cada cela, e por isto os materiais illantes son moito máis pequenos, como as celas que as forman. Os materiais máis comunmente empregados son a cortiza, a fibra de vidro, o cemento celular e os materiais esponxosos formados por diversas resinas...
-
-
-
Incomunicación entre dous condutores ou dúas partes condutoras, de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro. Dado que o illamento perfecto non existe, exprésanse as propiedades dun illamento real mediante a resistencia de illamento, medida nunhas condicións específicas, entre dous condutores separados por un illante.
-
Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.
-
Conxunto das propiedades adquiridas por un condutor illante.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán situado no O de Bolivia. É o cumio máis elevado da Cordilleira Oriental andina (6.550 m).
-