"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Bispo de Altino, preto de Venecia. Foi discípulo de san Xerome, a quen acompañou, e combateu aos arianos e apolinaristas. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
heliógrafo.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Heliópolis ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Heliópolis.
-
-
PERSOEIRO
Escritora e dramaturga estadounidense. A súa obra deixa ver a pegada de Henrik Ibsen e August Strindberg, sobre todo nas súas temáticas, nas que presenta problemáticas sociais, éticas e morais. Entre as súas obras destacan The Children’s Hour (1934), Little Foxes (1939), Watch on The Rhine (1951), The Autumn Garden (1951) ou Toys in The Attic (1960). Tamén é autora de guións para cine, de diversas adaptacións de textos de Anouilh ou Voltaire e de varios libros de memorias, como An Unfinished Woman (1969), retrato do seu compañeiro Dashiell Hammet, Pentimento (1974), The Scoundrel Time (1976) ou Maybe (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrónomo alemán. Descubriu xunto con Willfarth que as papilonáceas fixan o nitróxeno atmosférico grazas aos nódulos das súas raíces, e demostrou a proporcionalidade entre nodulación e fixación de nitróxeno.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Afganistán. Nace nos montes Sanglak. O seu curso separa a chaira da estepa do Dašte Marg do deserto de Rīgestān. Desemboca no lago Hāmūn despois dun percorrido de 1.400 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Afganistán (61.829 km2; 541.508 h [1982]). A capital é Lashkargah (22.707 h [1982]).
-
-
Relativo ou pertencente a Salamanca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Salamanca.
-
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudiou medicina en Berlín, impartiu anatomía na academia de Belas Artes de Berlín (1848), fisioloxía nas universidades de Königsberg (1849), Bonn (1855) e Heidelberg (1858). Destacou por apoiar e desenvolver a incipiente teoría da conservación da enerxía proposta por Mayer. En 1852 logrou medir a velocidade de transmisión do impulso nervioso e os tempos de reacción. Na súa actividade como fisiólogo realizou importantes descubrimentos sobre a vista e o oído. Inventou o oftalmoscopio, espectrofotómetro e o telestereoscopio, estableceu a fórmula coñecida en óptica como invariante de Helmholtz. Na óptica xeométrica, determinou o límite de potencia dos microscopios ópticos. Explicou a derivación da percepción das cores por combinación das tres cores primarias, formulada inicialmente por Young. Na acústica fisiolóxica fixo un estudo da natureza e calidades do son realizando experimentos sobre combinacións de sons, harmonías e discordancias. Inventou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico, fisiólogo e médico belga. Coñecido polos seus experimentos sobre o crecemento das plantas e porque foi o que propuxo formalmente a teoría da xeración espontánea. Descubriu a existencia de fluídos aéreos, que denominou gases, e identificou o dióxido de carbono. Experimentando con area e facéndoa reaccionar con álcali e posteriormente con ácido, demostrou que sempre se conservaba a masa e que en certas reaccións se libera gas, fundamentando a Lei da conservación da masa. Foi o primeiro en aplicar principios químicos nas súas investigacións sobre a dixestión e a nutrición para o estudo de disfuncións fisiolóxicas polo que se considera o pai da bioquímica. Postumamente foi publicado o seu libro de obras completas Ortus medicinae (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Cultivou os retratos de busto e de grupo, cunha técnica rigorosa e unha coloración fría. Destaca A celebración da paz de Münster (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo piso e idade que constituía o Mioceno medio, situado sobre o Burdigaliano e baixo o Tortoniano. É o equivalente dos pisos Languiano e Serravaliano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Helveciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das lesións tumorais constituídas polo crecemento patolóxico de elementos vasculares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jan Sanders van Hemessen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da función visual nunha metade do campo visual dun ou ambos os ollos, como consecuencia dunha lesión das vías nerviosas oculares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xaqueca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento respiratorio que contén e actúa como transportador de osíxeno. É unha proteína equivalente á hemoglobina pero cun átomo de cobre. Está presente en certos crustáceos e moluscos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión do Centro-Sur (167.000 km2; 92.560.000 h [2000]). A capital é Zhengzhou. A zona occidental é montañosa (Qin Ling); o resto ocupa unha parte do val do Huang He e da conca do Huai He, e dedícase a cultivos de trigo, algodón, arroz, cacahuetes, tabaco e kaoliang. Ten depósitos de carbón e industrias derivadas da agricultura.