"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

      1. Acción de dedicar ou dedicarse.

      2. Interese que amosa unha persoa por algo ou por alguén.

      3. dedicación exclusiva/plena

        Situación dunha persoa que se compromete a dedicar todo o seu tempo dispoñible a un determinado traballo. OBS: Emprégase normalmente no ámbito laboral co verbo ter.

      1. Acto que consiste en dedicar un templo, unha igrexa, etc, a un determinado culto. É un feito común que se dá en diferentes relixións e ten un carácter moi marcado no xudaísmo e no cristianismo.

      2. Festa litúrxica conmemorativa da consagración dun templo. No xudaísmo (Templo de Xerusalén), celebrábase con gran solemnidade durante oito días, costume que logo adoptou o cristianismo.

      3. Inscrición, nun templo ou nun edificio, na que se relata a súa consagración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de renderse, na antiga Roma, un pobo ou unha cidade a discreción e sen condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de deducir.

      1. Razoamento mediante o que se conclúe rigorosamente dunha ou máis proposicións (premisas), outra que é a consecuencia (conclusión), en virtude dunhas regras lóxicas. Identificada a miúdo co siloxismo, como método cognoscitivo adoita contrapoñerse á indución. Distínguense a dedución construtiva ou demostración, da simple dedución formal, na que a conclusión non engade nada novo.

      2. deducción natural

        Método de lóxica proposto por Gerhard Gentzen en 1934 que consiste nunhas regras de inferencia, válidas na lóxica proposicional e cuantificacional.

      1. Cantidade que se deduce.

      2. deducción fiscal

        Cota que se deduce da renda taxable sometida a imposición fiscal. O seu obxectivo principal é obter unha mellor redistribución da renda. Os factores que a favorecen son os gastos de explotación, os persoais e as cargas familiares do contribuínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación de datos repetidos dentro dun mesmo ficheiro. Esta operación resulta indispensable á hora de deseñar calquera operación publicitaria que requira da mercadotecnia directa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de defecar.

    2. Totalidade de materias que se expulsan ao defecar.

      1. Operación de limpar as impurezas dun líquido.

      2. defecación do mosto

        Operación mediante a que se separan por sedimentación os grans, as peles e as impurezas do mosto antes de que este fermente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abandono por parte dunha persoa dunha causa á que está ligada, dun partido ou asociación ao que pertence, ou dun compromiso adquirido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de defenestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción popular ocorrida en Praga o 30 de xullo de 1419 na que os seguidores de Jan Hus botaron pola fiestra a sete conselleiros católicos do Rei Venceslao IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado protestante producido en Praga o 23 de maio de 1618. Un grupo de nobres bohemios calvinistas asaltaron o pazo real e tiraron pola fiestra dous conselleiros reais e un secretario. Un goberno provisional substituíu o consello do rei e as forzas protestantes ocuparon o país. Este feito foi unha das causas da Guerra dos Trinta Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de definir ou definirse.

      1. Expresión que delimita e describe o significado dun definiendum (‘o que ten que ser definido’), presentando un equivalente definiens (‘o que define’), e pola que se crea un obxecto determinado de pensamento.

      2. definición antonímica

        Definición na que o definiendum se explica polo seu contrario. Neste tipo de definicións intervén un negador sintáctico (non) e un excluínte que debe pertencer á mesma categoría gramatical ca o definiendum. Por exemplo, solteiro ‘que non está casado’ ou insolidario ‘que non é solidario’.

      3. definición aristotélica/hiperonímica/inclusiva

        Definición na que o descritor é o hiperónimo do definiendum. Por exemplo, cando se define cunca co hiperónimo recipiente ou boi co hiperónimo animal.

      4. definición circular

        Definición defectuosa na que o definiendum e o definiens se remiten reciprocamente. Por exemplo, concluír ‘realizar unha conclusión’ e conclusión ‘acción de concluír’.

      5. definición enciclopédica/descritiva/extensa

        Definición que informa sobre as cousas, describe procesos, explica ideas ou conceptos e proporciona outros datos de interese que permiten distinguir o definiendum de calquera outro termo que se lle poida parecer. É unha definición característica das enciclopedias.

      6. definición extensional

        Definición dada pola enumeración dos obxectos denotados polo definiendum, oposta a definición intensional. Por exemplo, a definición extensional de estudiante vén dada pola relación de todos (do conxunto/da clase) aos que se lles pode aplicar o concepto estudiante.

      7. definición impropia

        Definición que non cumpre a lei da sinonimia, xa que non define senón que explica qué é o definiendum desde o punto de vista gramatical. As palabras gramaticais e as interxeccións adoitan estar definidas deste xeito. Por exemplo, ca! ‘exclamación que indica negación do que se acaba de afirmar ou incredulidade’.

      8. definición intensional

        Definición dada pola enumeración das propiedades ou características que corresponden ao definiendum, oposta a definición extensional.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do poder adquisitivo do diñeiro como consecuencia da baixa no índice de prezos. Na súa orixe hai unha diminución da cantidade de diñeiro ou da renda monetaria, que ocasiona un exceso da oferta de bens e servicios na economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de transporte efectuada polo vento, que arrastra as partículas finas non aglomeradas que forman o solo e as acumula en depresións afastadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á deflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á deflación.

    2. Partidario da deflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á deflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transformación de certos explosivos na que a acción inicial, térmica ou mecánica, se propaga rapidamente por toda a superficie do explosivo, que entra en combustión dende fóra cara a dentro. Comprende as etapas de inflamación, que é practicamente instantánea, e de combustión, que transcorre a unha velocidade altísima por mor do aumento de presión e temperatura dos gases producidos na reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensación parcial dun vapor mixto ao arrefrialo a unha temperatura determinada, co fin de recoller o condensado rico en compoñentes que presentan o punto de ebulición máis alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Evolución que sofre unha flor logo da súa fecundación.

    2. Perda anormal de flores que sofre unha planta ocasionada, entre outras causas, por xeadas ou por ataques de insectos e fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprendemento natural ou caída prematura das follas dunha planta, especialmente por mor das xeadas ou dunha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución a grande escala do bosque pola acción humana. Nas últimas décadas do s XX, as taxas anuais de deforestación foron dun 1,2% en Asia e no Pacífico, un 0,8% en Latinoamérica e un 0,7% en África; en cada década duplicáronse as taxas anuais de deforestación en 52 países tropicais. En conxunto, o ritmo de deforestación é superior aos 26 millóns de ha ao ano, feito que equivale a que cada minuto quede arrasada unha superficie de selva equivalente á dun campo de fútbol. En España, nas últimas dúas décadas, desapareceron 780.000 ha de superfice arborada. Deste xeito desapareceron o 50% dos bosques do planeta e, destes, o 60% está degradado en forma significativa e os desertos aumentan a súa superficie en máis de seis millóns de hectáreas ao ano. As súas causas son: a demanda de madeira -especialmente por parte de certos países que obrigan as nacións endebedadas do terceiro mundo a obter diñeiro baseándose nas súas materias primas estratéxicas- e a transformación dos bosques en superficies...

    VER O DETALLE DO TERMO