"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Aplícase á curva que une os puntos da superficie da Terra onde as variacions de temperatura do aire son iguais no mesmo intervalo de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás isalotermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña que une os puntos que rexistran a mesma temperatura, despois de reducila ao nivel do mar, para corrixir os efectos de altitude durante un período determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás isotermas.

    2. Aplícase ao proceso termodinámico no que a temperatura permanece constante.

    3. Que denota a mesma temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isotérmico.

    2. Que denota a mesma temperatura.

    3. Aplícase á liña representativa dun proceso isotermo nun diagrama presión-volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos itiornitiformes.

    2. Ave fósil da orde dos itiornitiformes.

    3. Orde de aves fósiles de bico dentado que viviron no Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote bretón. Estudiou dereito en París e Orléans. Rexentou o curato de Trédrez, onde defendeu gratuitamente a orfos e mendigos. En 1284 foi ordenado sacerdote e renunciou ao seu oficio de xuíz. Patrón dos procuradores, dos xuristas e dos pobres cando teñen preitos, a súa festividade celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Iniciouse con comedias como The Thrill of it All (1963) ou Send no Me Flowers (1964). Con In the Heat of the Night (1967) foi galardoado con cinco premios Oscar (1968). Tamén destacan os seus filmes Fiddler on the Roof (1971), Jesus Christ Superstar (1973), Rollerball (1975), Agnes of God (1985), Other People’s Money (1991), Only You (1994), The Hurricane (1999) e The Statement (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Considerado un dos autores máis destacados da antiga Alemaña oriental, escribiu diversas novelas como Die Aula (A aula, 1965), Das Impressum (O pé de imprenta, 1972), Der Aufenthalt (A estadía, 1977), Der dritte Nagel (1982) e Komoran (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última das grandes novelas de Dostojevskij, publicada por vez primeira entre 1878 e 1880. É a historia dun parricidio, e constitúe a “novela síntese” do pensamento e da arte de Dostojevskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enerxía vital que está presente nas sucesivas reencarnacións ata conseguir a perfección nalgunhas relixións da India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico húngaro. Diplomado pola Universidade de Budapest en 1902 e pola de Göttingen en 1908, foi profesor en Aquisgrán entre 1912 e 1921, e no CIT (California Institut of Technology) e dirixiu o Guggenheim Aeronautical Laboratory do CIT en Pasadena, entre 1930 e 1949. Deseñou as roscas Karman, que diminúen a interacción aerodinámica entre a á e a fuselaxe. A súa obra céntrase principalmente na aerodinámica, propulsión a chorro e os foguetes. Participou nos programas de investigación espacial de EEUU e desenvolveu o primeiro foguete teledirixido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico e realizador cinematográfico ucraíno. Operador durante a Guerra Civil española (Ispanija, 1939), rodou tamén en China, V Kitaje (A China, 1942), en Vietnam, Vietnam (1954), e en América Latina, Continente en llamas (1971-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Tivo unha actuación destacada na defensa e modernización do ensino das mulleres. Escribiu Volves (1906) e Clixés (1906), e as pezas teatrais Els ídols (1911) e Caritat (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Cofundador do PEN Club alemán,   foi presidente da Academia Alemana de Lingua e Literatura (1953-1963). En Die Stadt hinter dem Strom (A cidade detrás do río, 1947), amosa a sociedade occidental levada á apocalipse por mor da mecanización e da despersonalización. Cunha temática similar, escribiu tamén as escolmas poéticas Der Mensch (O home, 1918), Gesang des Jahres (Canto do ano, 1921) e Aus dem chinesischen Bilderbuch (Do libro de estampas chinesas, 1955); e as novelas Der Webstuhl (O tear, 1949) e Das grosse Netz (A gran rede, 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas flamengos dos ss XV e XVI. Jan I Keldermans (1345?-Bruxelas 1425) traballou no palacio episcopal de Lovaina. O seu fillo Jan II Keldermans (1375?-Malines 1445) traballou en San Pedro de Lovaina. Andries Keldermans (1400?-Malines 1481), fillo do anterior, comezou a torre de Malines, acabada polo seu fillo Anthonis Keldermans (Malines 1440?-1512). O seu fillo Rombout II Keldermans (Malines 1460-Anveres 1531) foi autor de Nosa Señora e San Pedro de Anveres e Santa Caterina de Hoogstraten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade que se emprega en física nuclear para o estudo dos efectos que as radiacións ionizantes producen sobre a materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Kermān, Irán (384.991 h [1996]). É un núcleo téxtil e o principal centro comercial do SL do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (181.714 km2; 2.174.178 h [2001]). A súa capital é Kerman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Bakhtarān.

    VER O DETALLE DO TERMO