Karman, Theodore von

Karman, Theodore von

Físico húngaro. Diplomado pola Universidade de Budapest en 1902 e pola de Göttingen en 1908, foi profesor en Aquisgrán entre 1912 e 1921, e no CIT (California Institut of Technology) e dirixiu o Guggenheim Aeronautical Laboratory do CIT en Pasadena, entre 1930 e 1949. Deseñou as roscas Karman, que diminúen a interacción aerodinámica entre a á e a fuselaxe. A súa obra céntrase principalmente na aerodinámica, propulsión a chorro e os foguetes. Participou nos programas de investigación espacial de EEUU e desenvolveu o primeiro foguete teledirixido.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Budapest

  • Deceso

    Lugar : Aquisgrán