"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome orixinario do concello do Carballiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do latín Seniorinus, xentilicio de Senior ‘ancián’. Era un nome frecuente na Idade Media, tanto en feminino coma en masculino e del procede o topónimo Señorín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s X) Relixiosa. Curmá de san Rosendo, tivo unha visión que lle comunicou a morte deste no momento en que se produciu. Chegou a ser abadesa do mosteiro de San Xoán de Vieira, en Portugal. A súa festividade celébrase o 22 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial que se produce na natureza na forma L (-). Precursor de varios metabolitos, emprégase como aditivo alimentario e na investigación bioquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, ao que pertence o xirín.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Dorna (Cervantes). O seu cumio acada os 1.219 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zoca da zona do Cebreiro e Cervantes cuns furados polos que se pasan unhas correas que se atan á perna por debaixo do xeonllo.
-
-
Relativo ou pertencente ao mes de setembro.
-
-
Relativo ou pertencente á revolución de setembro de 1836 en Portugal.
-
Partidario da revolución de setembro de 1836 en Portugal.
-
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Iniciouse en Roma (1901) co coñecemento de G. Balla e U. Boccioni. En París (1906) pintou formas neoimpresionistas, pero adheriuse ao futurismo e asinou o seu manifesto de 1910. Foi á busca da sensación dinámica en si, mediante cores moi vivas e ritmos dinámicos. Máis tarde inclinouse cara a un clasicismo entre racionalista e máxico. Escribiu Du cubisme au classicisme (1921) e Ragionamenti sulle arti figurative (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Severinus, derivado de Severus, adaptado ao galego coa forma Severo.
-
PERSOEIRO
Papa (640). Sucesor do Papa Honorio I, foi elixido en 638 pero non foi consagrado ata 640.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eremita. Estableceuse en Nórica en 454. Atribúenselle diversos feitos milagrosos como a provocación dun terremoto que fixo fuxir os hunos ou a desaparición dunha praga de lagosta. Tiña e outorgaba o poder da curación. As súas reliquias venéranse en Nápoles. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Director do teatro Drury Lane, da súa obra destaca The School for Scandal (1777) e The Critic (1779), unha sátira dos críticos e dramaturgos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo inglés. Estudou na University of Cambridge e na de Berlín. Profesor en Londres, Liverpool e Oxford, formulou a lei da inervación recíproca, introduciu termos técnicos e estableceu unha clasificación dos órganos sensoriais. Recibiu o Premio Nobel de Medicina (1932), compartido con E. D. Adrian, polos seus descubrimentos relacionados coas funcións das neuronas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luca Marineo.
-
PERSOEIRO
Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos silvestrinos.
-
Monxe da congregación monástica de San Bieito de Montefano (Macerata), Italia, fundada por san Silvestre Guzzolini en 1231. A congregación adoptou a regra beneditina e foi aprobada polo Papa Inocencio IV en 1248. Tivo unha rama feminina que se extinguiu en 1822.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro da península de Sinaí situado na vertente NL do djebel Mūsā. Construído por Xustiniano (530?) para protexer os numerosos solitarios do deserto, está rodeado por unha enorme muralla e ateigado de construcións, das que destacan a basílica xustiniana co seu campanario, a mesquita (s XIV), a hospedaría e a biblioteca. A igrexa, de tres naves separadas por columnas de granito, está dedicada á Transfiguración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simpaticomimético de acción semellante á da adrenalina, pero non tan activo, que se extrae da especie Citrus aurantium (laranxeira amarga).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de vento dos antigos gregos que tiña dúas modalidades: a frauta recta ou syrinx monocalama, moi semellante á frauta doce actual, e a syrinx polycalama ou frauta de Pan.