"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reter e utilizar os beneficios e capital propios dunha empresa para desenvolver a produción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Audición da resonancia da propia voz por trastornos do oído medio e das fosas nasais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do mineral do que a súa ganga ten propiedades fundentes e que, polo tanto, pode ser tratado nos fornos de fundición sen lle ter que engadir fundentes.
-
-
Tipo de fecundación na que os gametos femininos dun organismo hermafrodita son fecundados por gametos masculinos procedentes deste mesmo organismo. Nas plantas fanerógamas fálase de autogamia estrita cando o pole fecunda a propia flor e de xeitonogamia cando fecunda outra flor da mesma planta. Preséntase tamén nalgunhas especies de gasterópodos e nematodos.
-
Forma de sexualidade propia dalgúns organismos unicelulares, especialmente os paramecios, na que se unen dous núcleos haploides dunha mesma célula, procedentes dun único núcleo primitivo para formar un cigoto diploide. Estes procesos de autogamia están asociados a modificacións ambientais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coñecemento que se ten dun mesmo, en canto ao carácter, ás tendencias, etc.
-
-
Facultade mediante a que un país constituído en estado soberano pode decidir por el mesmo o seu status político, económico, social e cultural. Esta facultade chámase tamén autodeterminación, e constitúe o aspecto interno da independencia política; no plano das relacións internacionais está recoñecida a través do principio de non-intervención.
-
Situación dunha entidade política que mantén un vínculo directo respecto doutro estado -normalmente en defensa e relacións exteriores-, pero que goza de soberanía plena, ou case plena, no que se refire á organización política, económica, social, cultural e á administración interior. A miúdo é a fase de transición dunha colonia cara á plena independencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir mediante a autografía.
-
-
Conxunto de técnicas tipográficas e litográficas de reprodución, nas que o molde de impresión obtense por medio dunha transferencia directa do debuxo ou da escritura por riba da prancha ou da pedra, sen a intervención da fotografía.
-
Reprodución obtida por este procedemento.
-
Ciencia dos autógrafos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autografía.
-
-
Escrito da mesma man do autor.
-
Manuscrito dunha obra realizado polo autor da mesma. Os autógrafos dos escritores medievais son moi escasos. Xeralmente os autores ditaban as súas obras a copistas de oficio e eles limitábanse a engadir unhas palabras de salutación da súa propia man. A xenética textual valora os autógrafos na medida en que poden ser borradores que dean conta do proceso de creación dunha determinada obra.
-
Nos documentos, as sinaturas autógrafas aparecen xa no s III en papiros exipcios, tradición que continuou en Occidente ata o s VII. Despois, ao minguar o número de persoas que sabían escribir, os nomes eran redactados polos notarios; o autor e as testemuñas só facían unha cruz, un punto ou un pequeno sinal autógrafo. O interese por recoller manuscritos autógrafos de persoas insignes data da época clásica, na que apareceu xa mencionado por Plinio o Novo. Considérase que a colección máis antiga pertenceu a Loménie de Brienne, secretario de Enrique IV de Francia. A compilación de autógrafos en forma de álbum xurdiu en primeiro lugar entre universitarios da Alemaña do s XVII, baixo os nomes de Album amicorum, Philoteca, Liber memorialis, etc. Dende hai tempo vén existindo un importante mercado de autógrafos a través de catálogos e poxas.
-
-
-
Dise do enxeño ou aparello dotado dun sistema de autoguía.
-
Sistema de guiado de determinados mísiles ou proxectís. No autoguiado activo o mísil incorpora un emisor de enerxía, normalmente un radar, que o vai orientando cara ao obxectivo. No autoguiado pasivo o mísil oriéntase pola enerxía que emite o branco.
-
Sistema de guiado incorporado a determinados enxeños, aparellos ou dispositivos dotados de movemento, que os leva cara ao obxectivo previamente fixado, sen intervencións alleas. O autoguiado nos avións e navíos realízase mediante sistemas de navegación autónomos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de defensa dalgúns insectos que consiste na emisión espontánea de sangue que, debido ao seu olor e acritude, actúa amodo de repelente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terapéutica estimulante das defensas orgánicas, xa en desuso, que consiste na inxección subcutánea ou intramuscular do propio sangue do enfermo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de hipnotizarse un mesmo.
-
-
Dise da inflorescencia na que as flores masculinas e femininas están en distintos ramos.
-
Dise do fungo que completa o seu ciclo vital nunha única planta hospedeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indución electromagnética producida nun circuíto polas variacións da corrente que circula por el. A autoindución vén dada polo coeficiente de autoindución, chamado tamén indutancia. En corrente continua, a autoindución provoca no peche e na ruptura do circuíto a chamada extracorrente. Na corrente alterna, a corrente que circula é inferior á orixinada pola resistencia óhmica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente de autoindución chamado normalmente indutancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección que, nun momento dado, afecta a un individuo portador dos xermes causais, e que durante un longo tempo non provocaron nel ningún transtorno. A infección prodúcese ao aumentar a virulencia do microorganismo ou ben ao diminuír a resistencia do individuo portador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación espontánea dunha substancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referido ás enfermidades producidas por fenómenos de autoinmunidade.